O Fisober camiño a Valladolid
- Detalles
- Categoría: Previas
- Published: Venres, 20 Abril 2018 13:52
- Visitas: 60
Tócalle viaxar tanto ao primeiro equipo coma ao infantil nesta fin de semana, o filial non terá partido ao retirarse o Vedra da competición de Copa.
Na Segunda División Nacional o Fisober visita por primeira vez na súa historia Valladolid. Será o sábado a partires das 16:30 horas no P.U. Fuente de la Mora pucelano dentro da 25ª xornada de liga.
Solo hai o precedente da primeira volta entre ambos equipos con triunfo pucelano por 1 a 6 na pista de O Conco. O gol costeiro fora obra de Ana. Nun partido no que Irene García fora un auténtico dor de cabeza.
O Valladolid é o equipo que xusto marca a permanencia e as costeiras a estas alturas de tempada solo pretenden competir o mellor posible e intentar sacar algún triunfo no que resta de tempada.
A boa nova podería ser a volta de Lía e Taibo a convocatoria despois de máis de un mes apartadas por sendas lesións.
Pola súa banda o equipo infantil enfrontarase ao F.C. Meigas en Bertamirans tamén o sábado a partires das 19 horas no Municipal de Bertamiráns en partido de Copa Galega Infantil. Será o terceiro enfrontamento entre ambos no que vai a tempada, tralos dous de liga.
Nos dous o triunfo foi para as costeiras pero no disputado en Bertamiráns fora con gol sobre a bocina das costeiras.
Ademais o Meigas gañou na primeira xornada na súa visita ao subcampión de liga o Talleres Vigo o que demostra o seu bo momento.