Copyright 2018 - Fisober FSF

Infantil campión da Copa Provincial e Pablo Costa convocado coa Selección da Costa

PROVINCIAL INFANTIL

O equipo infantil do Fisober F.S.F. proclamouse campión provincial na súa categoría despois da Fase Final disputada en Irixoa o sábado día 19 de Maio.

Despois de proclamarse campionas de forma brilante no Intercomarcal e gañar a súa praza con elo para esta Fase Final o equipo costeiro disputaba a primeira das semifinais fronte o conxunto local o EDM Concello de Irimon o que gañaba con solvencia clasificándose para a gran final.

Na outra semifinal enfrontábanse o Comarcal A Fervenza e o Viaxes Amarelle, caendo a vitoria para as viaxeiras nun partido igualado por un axustado dous a un.

Na final de consolación A Fervenza vencía ao EDM Concello de Irimon , levándose o terceiro posto.

Na gran final enfrontábanse o Fisober e o Amarelle. O partido foi espectacular e cheo de emoción. Pero o Fisober que sempre estivo por diante no marcador e controlando o partido levouse o título.

Sharay Caamaño, Saray Duarte e de novo Sharay Caamaño poñían o tres a cero para o Fisober. O cal respostaba o Viaxes Amarelle con dous goles para poñer o tres a dous no electrónico.

Saray Duarte facía o cuarto do Fisober o cal respostaba de novo o cadro viaxeiro facendo o catro a tres.

Kenny facía o quinto gol do Fisober que sería a postre definitivo. Nun partido moi serio do conxunto adestrado por Ana Mouzo e Dani Costa que lles serviu para pechar a tempada co título Provincial Infantil despois dunha moi boa tempada do equipo tanto en Liga coma en Copa Galega.

O conxunto estivo formado toda a tempada por : Naira ( porteira ) , Kenny, Lucía, Sharay, Andrea, Ruth, Saray, Larita, Uxía, e tamén por Laura e Alexia que faltaron a esta cita por lesión. Baixo as ordes de Ana Mouzo e Dani Costa.

SELECCION DA COSTA BENXAMÍN

Tamén foi convocado ca selección da Costa o noso benxamín Pablo Costa para o Comarcal Galego disputado en Mondoñedo e Lourenzá o domingo día 20. Cadro no que formaban parte do cadro técnico tanto Ana Mouzo coma Dani Costa.

Comezaron con derrota ante a Selección de Ourense por dous a seis. No seguinte partido igualada a catro fronte a Selección de Vigo. Para rematar o torneo con triunfo ante a Selección de Pontevedra por dous a tres. Gran torneo dos costeiros que foron de menos a máis

O lider de Segunda visita o Conco

Tan solo xoga o primeiro equipo do Fisober este fin de semana e os que acudan as I.D. de O Conco terán a posibilidade de desfrutar co líder da categoría e co conxunto costeiro, no que será o penúltimo partido coma local do equipo na categoría de Prata do fútbol sala feminino español.

O vindeiro sábado día 12 nas I.D. de O Conco en Dumbría a partires das 19:00 horas. Nel enfrontaranse o líder da categoría o A.D. Alcorcón B e o que a pecha o Fisober F.S.F. costeiro, dentro da 28 ª e antepenúltima xornada da Segunda División Nacional no seu grupo IV.

O filial do Alcorcón é un equipo que practica un xogo espectacular a pesares da súa xuventude. Non coñece a derrota dende a xornada 16, de feito é a única derrota de toda a tempada para as madrileñas, o que da imaxe do seu potencial.

No partido da primeira volta as madrileñas foron un ciclón e o resultado fora de dez a cero a prol das madrileñas. No que marcaran Paula en tres ocasións , Alba Casado, Tamara, Marta de Diego en dúas ocasións, Marta Nuño, Clau López e Raquel Mena.

Será o cuarto partido na historia entre ambos equipos, con unha vitoria do Fisober e dúas das madrileñas ata o momento. O único precedente na Costa fora o partido que provocara o anterior descenso do Fisober, cun cero a seis para as madrileñas aquel 11 de maio do 2015.

O Fisober intentará deixar unha boa imaxe ante os seus siareiros como o fixo a semana pasada na pista do segundo clasificado o Colmenarejo.

O Fisober visita a Eva

Tan solo ten partido o primeiro equipo este fin de semana e será o último viaxe fora de Galicia da tempada, visitando ao segundo da clasificación o Colmenarejo da ex do Fisober, Eva Lema.

En partido da Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da 27ª xornada o Fisober visita a pista madrileña do Colmenarejo. O partido disputarase o domingo día 6 de maio a partires das 12:45 horas no Príncipe de Asturias da localidade madrileña.

Tan solo hai como precedente o partido da primeira volta que terminou co resultado de un a tres. Con gol do Fisober obra de Ana e polas madrileñas de Cris Llanos, Nere e Orive.

As madrileñas suman seis xornadas sen perder encaramadas no segundo posto da clasificación. Están loitando co Viaxes Amarelle por unha praza na promoción de ascenso.

O Infantil campión do Intercomarcal

Como contábamos na previa as categorías inferiores tiñan un fin de semana cheo de partidos no que o equipo infantil se levaba a palma. A pesares de que houbo pleno de triunfos un gol privou de que a ledicia fora total. Todos eles disputados nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Comezaba o fin de semana ca disputa do Intercomarcal Infantil no que o Fisober se levou o primeiro posto despois de vencer por 6 a 0 ao Camariñas e por 8 a 0 ao Villa de Cee. Finalmente a clasificación do Intercomarcal quedou co Fisober coma campión, o Villa de Cee subcampión e o Camariñas coma terceiro clasificado. Co cal as infantiles do Fisober gañaron o título e tamén a súa praza para disputar o campionato provincial en vindeiras datas.

O equipo estaba formado, foto adxunta de esquerda a dereita : arriba : Naira, Kenny, Lucía, Sharay, Andrea, Alexia ( lesionada ). Abaixo esquerda a dereita : Laura, Ruth, Saray, Larita, Uxía ( lesionada ).

O domingo de mañá o equipo infantil tiña outro compromiso difícil que era fronte ao Talleres ABC Vigo na Copa Galega Infantil. Gañaban o seu partido ao actual subcampión galego da categoría por un a cero con gol de Lucía pero un triple empate , co Poio e o Meigas , deixabas fora da Final Four da Copa Infantil Galega por tan solo un gol. Aínda así boa participación na Copa das pupilas de Ana Mouzo e Dani Costa na que se quedaron a un gol do pase.

O domingo tamén había compromiso para o equipo filial, que se enfrontaba ao Troula de Betanzos en partido de Copa da Primeira Galicia. Con vitoria por catro a cero para as costeiras. Con goles de Nuriña en dúas ocasións, Ainho e Carre.

Fin de semana cargado de partidos

Fin de semana cargado de partidos nas I.D. de O Conco en Dumbría, no que o equipo infantil se levará a palma, pero tamén xogarán o primeiro equipo e o filial coma locais.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV e dentro da xornada 26ª de competición o Fisober enfrontarase nas I.D. de O Conco en Dumbría , ao Ciudad de Guadalajara o vindeiro sábado día 28 a partires das 20 horas.

As costeiras buscan darlle a primeira ledicia a súa parroquía coma locais mentras que as alcarreñas andan na busca da salvación.

De feito o Guadalajara ven de cambiar adestrador e de gañar en dúas das tres últimas xornadas para acadalo.

Na primeira volta o resultado fora de igualada a dous tantos, con goles de Ana e Carla para as costeiras e de Elvira e Virginia para as casteláns. De feito ese é o único precedente entre ambos conxuntos, nun partido no que as casteláns comezaran con dous a cero no electrónico e que rematara cun polémico gol anulado ao Fisober na última xogada do partido.

O equipo filial terá partido de Copa Primeira Galicia Feminina. Tamén o fará coma local nas I.D. de O Conco en Dumbría e será o domingo as 11 horas fronte ao Troula de Betanzos en partido da segunda xornada da competición no seu grupo B.

A retirada a última hora da competición do Pontedeume e o Vedra , deixou en catro equipos o que en principio era un grupo de seis, con diferentes descansos ao longo da mesma xa que tan so ten unha volta.

Será o terceiro enfrontamento co Troula esta tempada, con sendas vitorias betanceiras. No partido de Dumbría por tres a seis con goles costeiros de Nuriña, Serena e un en propia porta. Polo Troula marcaran Alba Rdguez 2, Oli, Silvia, Mayra e Olaya. En Betanzos fora de catro a un para o Troula con gol de María de Dumbría para o filial e de Silvia en tres ocasións e Mayra para o Troula.

Pero o equipo que terá un atracón de partidos o fin de semana será o infantil. Xa que terá o Intercomarcal o sábado e o domingo partido de Copa Galega todos eles tamén nas I.D. de O Conco en Dumbría.

No Intercomarcal do sábado xogarán as 11 horas fronte o Camariñas C.F. e unha vez finalizado este encontro as 12 horas fronte ao F.S.F. Villa de Cee. Buscarán o primeiro posto para clasificarse para o campionato Provincial.

Pero ademais o domingo terán partido de Copa Galega Infantil. Será a partires das 13 horas fronte ao Talleres ABC de Vigo. Tamén buscan a clasificación para semifinais despois da vitoria da semana pasada fronte ao Meigas. Coa clasificación tan apretada hai multiples resultados que lle poderían valer pero dase a curiosidade de que vencendo un triple empate as podería deixar fora e perdendo pola mínima outro triple empate clasificalas, así que de pouco vale especular e haberá que esperar a que termine a xornada.

Será tamén o terceiro enfrontamento entre ambos equipos esta tempada con dúas vitorias para as viguesas o que da conta da dificultade do partido. En Vigo cun 7 a 1 para as olívicas con gol costeiro de Sharay Caamaño e no partido de Dumbría por 0 a 4. Ademais as olívicas son as actuais subcampionas de liga.

f t g