Copyright 2019 - Fisober FSF

Entrevista a Ana Mouzo, capitana e adestradora

Hoxe falamos coa capitana do equipo senior, que este ano será a que máis cambios sufra ao cambiar de adestrador no banquillo do Fisober e ao pasar de adestradora das categorías inferiores femininas ás masculinas, falamos con Ana Mouzo.

Como capitana e despois de estar dende a creación no equipo, vaise facer raro non ver a Fran no banquiño?

Como capitana, como xogadora, como parte da familia fisober (porque  en realidade non nos chamamos directivos os que formamos o clube) e como aficionada ten que ser moi raro vernos sin esta insignia no banquillo. Pero a nivel personal ainda máis, pois o fin e o cabo é difícil lembrar a miña vida deportiva e non asociala a el no banco, bueno na banda porque afortunadamente o inusual era velo sentado (ri). Pero é unha decisión que xa leva tempo pensando e que hai que respectar, ainda que eu misma fun unha das culpables de que non a tomara antes por propio egoismo e por medo de que esto sin el como mister non funcione, pois considero vital que o Fisober ten que ser capitaneado por alguen que entenda o que e o noso ADN e non hai ninguen mellor que el; pero ca decisión do novo mister, e conocendoo ben, creo que pode ser a segunda mellor persona para levalo tan ben como nestes 14 anos, xa que ven cargado de ilusión, ánimos renovados e coñece a perfección o sentido do equipo.

Pasas das categorías inferiores femininas e mixtas as masculinas, como afrontas o cambio?

En realidade penso que non notarei moito o cambio pois foi todo moi natural e evolucionou polo seu propio camiño, empezamos sendo un equipo con todo nenas porque a demanda de nenas que querían xogar era suficiente, cando o numero de nenas non era suficiente "aprobeitamonos" dos nenos coñecidos que forman o Fisober: irmans, primos, e conocidos; e ahora que a demanda de nenos e nenas que afortunadamente queren formar parte de nos nolo permite dividímolos en 2. E eso permíteme que xa conozca a maioría dos nenos ben por entrenalos no Fisober, nos campus de semana santa ou de sufrilos, no bo sentido da palabra, como rivales de liga e disfrutalos na seleción da costa na que puiden facer de adestradora. Sera difícil olvidar as nosas raparigas pero moi fácil entrenar os nenos en solitario porque de verdade que para min non e un cambio si non unha evolución do equipo como cando empezas unha tempada e tes unha fichaxe.

Obxectivos de cara a vindeira tempada?

Como xogadora penso que o obxectivo é manter a estabilidade do equipo A con Dani o fronte do banquillo e despois das grandes baixas de Noe García e Fran, que me dan moita pena sempre as baixas pero estas dúas máis porque terei que aprender a entender o Fisober con eles noutra posición, e recuperar a ilusión e o bo rollo para que este equipo perdure nos anos. Como entrenadora ver evolucionar as categorias inferiores, sin que as rapazas olviden o tanden que as entrenou (no fondo espero que nos poñan algo de menos e valoren o aprendido [ri]) e que a sección masculina sexa unha realidade 100% fiable e unha opción seria para todos aqueles que non queiran abandonar o fútbol sala.

Ves un futuro con Fisober feminino e masculino?

O futuro inmediato nas categorias inferiores estano fancendo real os nenos e nenas que empezan con nos porque o viven desde dentro, coñéceno, e queren seguir formando parte desto. Así que tal e como a evolución de ter equipo benxamín, pasou a alevín, o alevín a infantil e o infantil a cadete nos permite afianzar o equipo A femenino con grandes puntales futbolísticos ano tras ano (estou pensando en Paula, Nuria, ou Kenny), tamén pode ser real nos rapaces masculinos, e si non é no Fisober con equipo propio, pois por número pode ser difícil xa que o fútbol tira moito e alguns nenos abandonan o fútbol sala, estaría encantada de que como entrenadora lle puxera ese gusanillo do futsal na tripa a algúns e cheguen a formar parte do Villa de Cee masculino co que na actualidade temos un convenio para cederlle cadetes si fose necesario nalgún momento. En resumen coa creacción destes equipos infantil e cadete véxolle futuro o noso deporte na comarca tanto femenino como masculino teña o nombre que teña o equipo.

Falamos co novo adestrador do equipo senior, Dani Costa

Hoxe toca falar co que será o novo adestrador do Fisober, Dani Costa. O de Sarteguas vivirá a súa primeira experiencia nun banquiño senior.

Como afrontas o reto de sustituir a Fran despois de todos estos anos?

Afronto coa responsabilidade que supón todo o que representa o Fran entrenador para o Fisober, coa máxima ilusión e desexando comezar a adestrar xa. Foi bastante inesperado, e supón un cambio grande pasar a adestrar por primeira vez en categoría sénior, pero se hai un equipo ideal para dar o paso creo que ese é o Fisober, donde non se trata de sustituir a Fran, senón que máis ben supón recargar de aire fresco e ilusión a todas e cada unha das seccións e persoas que compoñen este equipo, dende alevíns ata sénior, cos mesmos nomes pero lixeiros cambios, e coa tranquilidade de seguir tendo a Fran na faceta de presidente e contar co seu "equipo", que son Luís, outro dos incondicionais todos estes anos no banquiño da sección sempre que o necesite e sempre que pode; e a Santi, que compartiu tamén este último ano con Fran e supuxo un plus importante en moitos aspectos.

Pasas de inferiores ao primeiro equipo, eso é unha porta aberta a canteira?

Evidentemente, pero esa porta neste equipo sempre está e estivo aberta, e desexando ser botada abaixo, se é posible máis de unha ou dúas veces cada tempada, mellor que mellor. Pero si que é verdade que despois de adestralas á maioría dende que eran benxamíns, posiblemente coñeza mellor o que pode aportar cada unha das rapazas que agora son cadetes, e iso pode supoñer unha vantaxe tanto para min como para elas e en consecuencia, para o equipo.

 Cal pretende ser a túa filosofía para a vindeira tempada?

Que cada xogadora se sinta importante e teñamos bo ambiente, adestrar o máximo dentro do posible para conseguir e manter ese puntiño físico diferencial, e dinamismo, alegría e intelixencia dentro da pista para saber competir contra tódolos rivais.

 O obxectivo do equipo debe ser?

Competir cada encontro para acadar a permanencia, e se ademáis conseguimos que cada partido máis xente se sinta con gana de vir ó pabellón vernos e animarnos, mellor porque eso significará que as xogadoras se divirten na pista e entreteñen a xente de fóra.

Aínda así non deixas de todo as categorías inferiores?

É moi difícil deixalas, porque as categorías sénior e de base parécenme dous mundos totalmente diferentes pola miña maneira de interpretar os adestramentos e a competición, e coincidimos tan ben nesta filosofía Ana e eu, que quixemos seguir formando tándem na base, desta vez nesa nova sección masculina que serán os infantís e cadetes, para seguir vendo semana a semana ese progreso que buscamos cos adestramentos e partidos, que xunto co gran marxe de mellora que teñen os rapaces polo que puidemos ver deles tanto nos equipos mixtos que xa tivemos, como nas últimas xornadas de portas abertas, preséntase como outra das partes ilusionantes desta tempada.

E aqui vos deixamos a súa entrevista persoal:

Ler máis: Falamos co novo adestrador do equipo senior, Dani Costa

O presidente do Fisober anuncia os grandes cambios para a vindeira tempada

Hoxe entrevistamos a Fran Toba presidente do Fisober para que nos explique os cambios para a vindeira tempada. 

Deixas o banquillo do primeiro equipo despois de toda unha vida, explícanos as razón?

Despois de tantos anos sempre fai falta un cambio, co paso das tempadas a motivación non é a mesma, tanto eu como as xogadoras vámonos acomodando polo que considero que un cambio vai ser bo para elas e tamén para min, un cambio que xa leva un ano de retraso pero que por fin chegou.

Mellor e peor momento de todos estes anos?

O mellor son todos os fines de semana, a cantidad de nenas que pasan polo Clube, velas crecer tanto personal como futbolísticamente, e poder velas disfrutar do fútbol sala desde categorías base ata a segunda división nacional. O peor foi perder una liga a falta de 2 segundos para que rematase o partido.

Algo do que te arrepintas, ou que terías feito doutra maneira de voltar atrás nestes anos no banquillo?

Arrepentirme non, pero si que coa experiencia obtida durante tantos anos faría cousas doutra maneira.

Iso si, continúas coma presidente e faste cargo de adestrar a parte das categorías inferiores?

A verdade é que estou xa con gañas de empezar, o equipo das cadetes é un grupo que xa leva varios anos xuntos, concretamente tres en liga galega infantil, competindo moi ben e as infantiles están nun cambio de ciclo entre as que suben de alevíns e as que continúan en infantil polo que o traballo vai ser moi gratificante.

O proxecto infantil e cadete masculino, vai para adiante?

O proxecto vai vento en popa, case todos os nenos que se apuntaron as xornadas de portas abertas van formar parte dos equipos infantil e cadete, máis de 20 nenos xa temos confirmados e as portas siguen abertas para todos os interesados. Estamos pendentes da confirmación por parte da RFGF da liga na que vamos participar, que probablemente sexa a 1ª Galicia tanto en infantil como en cadete.

Como quedará o organigrama do club, equipos, adestradores, competicións?

Categoria senior feminina: Dani, Santi e Luis
Cadete, infantil e alevín feminina: Fran e Adriana
Cadete e infantil masculina: Ana e Dani
Adestrador porteir@s: Santi

Obxectivos do club para a vindeira tempada?

Os obxectivos como todos os anos son seguir crecendo tanto cuantitativa como cualitativamente, os equipos femininos xa están consolidados sendo referentes na comarca e ahora temos un reto moi importante cos equipos masculinos, xa que consideramos que era moi necesario dar saida ós nenos que saen da Liga comarcal de fútbol sala base da Costa da Morte.

É certo que tiveches ofertas?

Algunha tiven, e moi ilusionante, si o día durara 30h poderíase plantexar (ri), pero de momento vai ser imposible.

Maña entrevistaremos ao novo adestrador

Entrevista a Adriana

Hoxe toca entrevista a outra das novidades desta tempada, Adriana, que chegou no verán procedente do Villa de Cee, ainda que de rapariga xa vestira a camisola do Fisober nun par de ocasións.  Para esta ceense nada o 11 de abril de 1989 a palabra Universal en fútbol sala cobra sentido xa que pode xogar en calquer posición da pista.

Ler máis: Entrevista a Adriana

Entrevistamos a última incorporación, Barca Toba

Barca é unha das xogadoras máis veteranas e con maior traxectoria deportiva do Fisober, esta muxiana nacida o 8 de outubro de 1985 ten unha longa traxectoria futbolística.

Iniciou a súa andaina nas escolas municipais de Muxía, sen embargo ó contrario das súas compañeiras ela non tivo que iniciar a súa andaina futbolística cos rapaces, pois alí había un equipo feminino que conseguiu numerosos campionatos de liga. Tralo seu paso polo fútbol sala costeiro dou o salto ó clube coruñés Sal Lence, no que solo estivo un ano, pois tras ir os adestradores das escolas municipais de Muxía para o Viaxes Amarelle ela tamén daría o salto ó equipo de Santa Comba. Tras pasar tres tempadas alí, obtivo un campionato de liga provincial feminina e darían o salto a liga autonómica.

Despois de combinar o fútbol sala co fútbol recalaría no Fisober, equipo no que leva xogando 5 anos. En estas cinco tempadas Barca, obtería un campionato de copa provincial, un campionato de liga autonómica, un subcampionato de copa autonómica e subcampionato de España.

Esta boa traxectoria no fútbol sala levouna á selección galega absoluta onde obtería o campionato de seleccións autonomicas.

Os últimos anos Barca alternaría as competicións de fútbol sala coas de atletismo, chegando a dedicarse exclusivamente ao atletismo. Este ano voltou ao Fisober FSF. 

Ler máis: Entrevistamos a última incorporación, Barca Toba

f t g