Copyright 2019 - Fisober FSF

Un día menos... Entrevistamos a Myre

No día 11 do mes 11 tíñamos que falar coa 11 do equipo!! Unha vez máis incordiamos a Myre para que nos comentase como lle está indo a recuperacion da súa grave lesión (rotura de ligamento cruzado e microrotura de menisco) que a terá apartada dos terreos de xogo toda a tempada. Un lesión que a xogadora leva con paciencia e como non, animando ó equipo sempre que pode.

Myre, que tal vai a recuperación?

A recuperación en stand by. Estou esperando a que arreglen todo o papeleo para o fisio pero as sensacións non son malas.

Cando che dixeron que poderías volver a xogar?

Pois dixéronme que ao ser unha lesión bastante grave e que ten que curar ben, menos de seis meses nada, pero máis ben, mencionoume oito meses.

Como afecta a lesión á túa vida cotián?

Pois para os estudios complicoume un pouco a vida porque, estando recén operada, teño o bus bastante lonxe como para andar tanto, polo tanto, tiven que conducir bastante antes do que me mandaran. Polo traballo igual: fai pouco chamáronme para estar de monitora de nenos pero si eles corren eu non podo ir detrás (ri). Polo demais, vou tirando.

Como ves os partidos desde a grada? Sufres moito?

Sufro máis que xogando, pero polo menos podo protestar e non me sancionan ao estar aínda sen ficha. (ri)

Como cres que quedará o Fisober na táboa?

Queda por xogar con algún de arriba con xogadoras de moita categoría como por exemplo  Silvia, a ex porteira do Poio de Honor que está en Moaña; pero polo que levo visto, con constancia conseguiremos estar ahí arriba.

Que lle ves de bo ó equipo actualmente?

Que están facendo da casa un fortín onde non se perdeu e xogouse moi ben. A ver se fóra as miñas compañeiras conseguen o mesmo.

Como ves ás rapazas do B que acaban de chegar ao primeiro equipo?

Hai xente que se adapta mellor que outra, como é normal. Só quero decirlle as que deron xa o salto de calidade que sigan así e as que están menos adaptadas a fusión do A e B e non contan con tantos minutos, que eu tamén via medio mal eso de ser Cesc no Barça e non no Arsenal (elas xa me entenden jajaja) pero que ao final non foi tan dramático e ata puiden chegar a segunda, non desanimarse, que lembren ese lema de cando estábamos xogando o descenso, o de aquí non se rende ninguén.

As súas compañeiras tamén se acordan dela, polo que o día que se operou fixeronlle este pequeno video a modo de agasallo:

Tamen vos deixamos aquí o articulo da mala noticia que recibíamos ó enterarnos de que a lesión era máis grave do esperado: Dificil Momento para Myre

 

comments
f t g