Copyright 2019 - Fisober FSF

Entrevista a Myre para o Dxt

Hoxe compartimos con vos a entrevista completa do Dxt que lle fixeron a Myre e que saíu publicada hoxe na prensa escrita.

Como foi este ano apartada das pistas ?

Foi un ano e un mes duro, máis que nada , teño esa espiña clavada de non poder axudar ao meu equipo a intentar a salvación na Segunda División Nacional. 

Onde sufriches máis na rehabilitación ou na grada ?

A verdade é que a rehabilitación non me causou dor ningunha. Foi larga e demasiado monótona, pero levadeira. Obviamente doeume máis non poder disfrutar na pista coas miñas compañeiras , xa que na grada non é o mesmo, é como se non formara parte directa das derrotas e triunfos do meu equipo, aínda que sufrira e disfrutara igual , non sintes o mesmo.

Como te sentiches cando supeches que ías convocada, como foi o sábado para ti voltando a rutina dun partido ?

Pois volver convocada foi ver a luz o final do túnel. Foi poder respirar fútbol sala , por fin. Foi deixar atrás os choros , a dor, a operación, as muletas, a rehabilitación….todo. O sábado foi volver a empezar outra vez. Nervios a flor de pel e ganas.

E no momento que volveches a saltar a pista?

Cando saltei a pista sentinme bastante impotente, xa que unha tartaruga o meu lado agora mesmo é un formula 1. Pero sei que teño que ter paciencia e recuperar o meu mellor nivel xa que non foi bo estar tanto tempo sen facer nada de cara ao meu físico. Pero o mellor de todo é que o xeonllo responde perfectamente e o medo a volver lesionarme desvanece, pasiño a pasiño.

E o día despois, moitas dores ?

Unicamente as ampollas dos pés por falta de costume ( ri ). Pero como xa dixen, estou ben . O xeonllo ten estabilidade , teño flexión i extensión completa, non podo pedir máis xa que levo máis de un ano sen xogar, pero operar opereime o 24 de Setembro.

comments
f t g