Copyright 2019 - Fisober FSF

Lía, unha nova cara para o Fisober

No día de hoxe imos presentar a unha das novidades para a nova campaña na Segunda División Nacional. Trátase de Lía Agra Abeijón máis coñecida coma Lía.

A porteira de Esteiro chega ao Fisober procedente do Lira cargada de ilusión. Trátase dunha xogadora xoven xa que aínda está en idade xuvenil.

Agora deixámosvos cunha pequena entrevista para que a coñezades mellor.

Cal é a túa praia favorita?

A miña praia preferida, sen dúbida, é aquela na que crecín, Somorto, a mellor praia de Esteiro.

Que non debe faltar nunca na praia?

Unha boa sombra para agocharse do sol, que nos días que peta moito, fai boa falta.

Cal é a túa tapa favorita?

A de polbo ou a de ovos frixidos con balocas.

Eres máis de orquestras ou de festivais?

De festivais.

Viaxes con actividades de multiaventura ou de relax?

Un pouco de todo, gústame moito a multiaventura pero descansar tamén é algo indispensabel nunhas vacacións.

Aplicación favorita ou imprescindible que teñas descargada no móbil?

Padezo drogodependencia do WhatsApp, supoño que coma todo o mundo máis ou menos.

Última aplicación descargada?

Watpatt.

Que serie non nos debemos perder?

Anatomía de Grey sempre será a miña debilidade.

Como afrontas a túa chegada ao Fisober?

Con moitísimas ganas, con moita ilusión e con unha moi boa impresión tanto das compañeiras coma da profesionalidade de cada un dos compoñentes do equipo.

E o reto de debutar en Segunda División Nacional?

Coma unha recompensa do esforzo e coma un paso axigantado, espero aprender moito, seguir formándome coma porteira e continuar disfrutando co deporte que me ten namorada dende ben pequena.

comments
f t g