Copyright 2019 - Fisober FSF

Bárbara, nova fichaxe para o Fisober

No día de hoxe toca presentar a outra das caras novas para esta tempada 2016-2017 a da volta a Segunda División Nacional para o Fisober.

Trátase de Bárbara María Caamaño Piñeiro, máis coñecida coma Bárbara. O igual que Lía tamén é natural de Esteiro e tamén se atopa aínda en idade xuvenil. Acostuma a desenvolverse na posición de pívot. E chega dende o Atletes de Esteiro da liga provincial.

Para que a coñezades un pouco máis deixamos unha pequena entrevista con Bárbara a continuación.

Cal é a túa praia favorita?

Non teño unha praia favorita, xa que na nosa zona todas as praias son estupendas. O Portiño, Paramean, Reimundes…..

Que non debe faltar nunca na praia?

Unha pelota para botar unhas pachangas, os amigos e sobre todo un chiringuito para refrescarse.

Cal é a túa tapa favorita?

As ostras ou unhas croquetas.

Eres máis de orquestas ou de festivais?

De orquestas, na nosa zona hai moitas verbenas e paso o verán de festa en festa.

Viaxes con actividades de multiaventura ou de relax?

Son unha persoa moi dinámica, que lle gusta moito estar facendo cousas continuamente, polo que teño máis viaxes multiaventura.

Aplicación favorita ou imprescindible que teñas descargada no móbil?

O WhatsApp, xa que para min é imprescindible.

Última aplicación descargada?

Pokemon.

Que serie non nos debemos perder?

Los misterios de Laura.

Como afrontas a túa chegada ao Fisober?

Moi emocionada e con moitas ganas de afrontar este novo reto.

E o reto de debutar en Segunda División Nacional?

É un soño polo que levo loitando e esforzándome moito tempo, e darei o mellor de min xa que para min o fútbol é unha pasión.

comments
f t g