Copyright 2019 - Fisober FSF

Terceiro fichaxe da tempada, o Fisober ficha a Alba Taibo

Alba Taibo Tasende máis coñecida como Taibo  chega ao Fisober na tempada 2017/18 procedente do 5 Coruña da Liga Autonómica ao igual que Ainho e Alba "Carre". Despois de pasar por equipos coma San Tirso, Mabegondo, Grupo Work, 5 Coruña ou Crendes.

Taibo nada o 12/06/1999 adoita desenvolverse nas posicións  de ala ou pivot. Xa xogou contra algunha das que serán as súas compañeiras ca camisola do Grupo Work en enfrontamentos contra o filial do Fisober.

Aqui vos deixamos unha pequena entrevista na que Alba nos falou algo máis sobre ela.

Cal é a túa praia favorita?
Bastiagueiro
Que non debe faltar nunca na praia?
O sol
Cal é a túa tapa favorita?
Callos á galega
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Orquestas
Viaxes con actividades de multiaventura ou de relax?
Ambas
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas descargada no móbil?
WhatsApp
Última aplicación descargada?
Twitter
Facebook, twitter ou instagram?
Instagram
Que serie non nos debemos perder?
The walking dead
Unha Canción?
Al límite de la locura
Unha Cor?
Azul
Un Lugar?
Praia
Un Medo?
Fracaso
Un Soño?
Xogar en primeira
Manía antes de xogar?
Quentar sen espinilleras
Amuleto?
Unha pulsera
Mellor momento deportivo?
2015
Referente deportivo?
Adrián Pola
Como afrontas a túa chegada ao Fisober?
Como un reto positivo

comments
f t g