Copyright 2019 - Fisober FSF

Primeiro fichaxe da tempada, Ainhoa ficha polo Fisober

Despois de pasar por unha serie de equipos coma as categorías inferiores do Viaxes Amarelle, o C.D. Seguridade Galega Grupo Work  ou o 5 Coruña, Ainhoa Iglesias Arias máis coñecida como Ainho chega ao Fisober na tempada 2017/2018 procedente do 5 Coruña de Liga Autonómica. 

Ainho nada o 18/07/1999 adoita desenvolverse nas posicións de ala ou peche. Na súa etapa no Grupo Work na liga Provincial xa se ten enfrontado ao filial do Fisober e a algunha das que agora serán as súas compañeiras. Ten sido seleccionada ca coruñesa cadete de fútbol sala.

Onte falábamos con ela e contábanos algo máis sobre a súa vida:

Cal é a túa praia favorita?
Bastiagueiro
Que non debe faltar nunca na praia?
Unha pelota
Cal é a túa tapa favorita?
De tortilla
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Orquestas
Viaxes con actividades de multiaventura ou de relax?
Multiaventura
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas descargada no móbil?
Twitter
Última aplicación descargada?
Facebook
Facebook, twitter ou instagram?
Twitter
Que serie non nos debemos perder?
Flashpoint
Unha Canción?
Despacito
Unha Cor?
Negro
Un Lugar?
Madrid
Un Medo?
Morrer
Un Soño?
Poder xogar en primeira
Manía antes de xogar?
Poñer os pantalóns primeiro
Amuleto?
Ningún
Mellor momento deportivo?
Este ano, poder xogar en Segunda División
Referente deportivo?
Miguelín, polo seu esforzo e constancia
Como afrontas a túa chegada ao Fisober?
Con moitas ganas
E o reto de debutar en Segunda División Nacional?
Coa curiosidade de como me vou sentir


 

comments
f t g