Copyright 2019 - Fisober FSF

Carla Couso, quinto fichaxe do Fisober

Carla Couso Pérez chega ao Fisober na tempada 2017/2018 procedente do Santiago Futsal. Compatibilizou o fútbol sala co fútbol. Xogando tanto no Santiago Futsal A Gaiola coma no Villestro. 

A santiaguesa Carla nada o 4 de setembro de 2001 aporta xuventude e ilusión o proxecto do Fisober. Adoita a desenrolar o seu xogo no posto de Ala. Coincidiu na selección santiaguesa cadete con Paula Fandiño e Nuriña que serán as súas compañeiras esta tempada.

Aqui vos deixamos unha pequena enquisa para que a coñezades algo mellor:

Cal é a túa praia favorita?
A praia das gaivotas en Noia
Que non debe faltar nunca na praia?
Un balón
Cal é a túa tapa favorita?
Arroz
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Orquestas
Viaxes con actividades de multiaventura ou de relax?
Viaxes con actividades Multiaventura
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas descargada no móbil?
WhatsApp
Última aplicación descargada?
Unha que se chama exercicio (deporte)
Facebook, twitter ou instagram?
Instagram
Que serie non nos debemos perder?
El Barco
Unha Canción?
Es gratis de Arnau Griso
Unha Cor?
Azul
Un Lugar?
O Caribe
Un Medo?
Ir de noite sola pola calle
Un Soño?
Chegar a ser futbolista profesional
Manía antes de xogar?
Non teño
Amuleto?
Non teño
Mellor momento deportivo?
Cando xoguei a fase de ascenso co Villestro
Referente deportivo?
Isco ou Ricardinho porque desprenden unha calidade e unha tranquilidade incríble
Como afrontas a túa chegada ao Fisober?
Afronto a chegada ao Fisober con moita ilusión e sobre todo con ganas de aprender moito
E o reto de debutar en Segunda Divsión Nacional?
Pois ao principio tiña medo porque cría que non iba dar o nivel pero logo conciencieime de que con esforzo todo pode ser posible


 

comments
f t g