Copyright 2019 - Fisober FSF

O clube sigue a fichar xuventude e ilusión, Alba Carreira ficha polo Fisober

Cunha traxectoria moi semellante  a de súa compañeira  Ainho e despois de pasar polas categorías inferiores do Viaxes Amarelle, Grupo Work ou 5 Coruña, Alba Carreira Álvarez máis coñecida como Alba ou Carre chega ao Fisober na tempada 2017/2018 procedente do 5 Coruña de Liga Autonómica.

Alba nada o 19/07/2000 adoita desenvolverse nas posicións de peche ou de universal. Na súa etapa no Grupo Work na liga Provincial xa se ten enfrontado ao filial do Fisober e a algunha das que agora serán as súas compañeiras. Unha lesión de xeonllo da que recentemente se ten operado impedirá que poida estar dispoñible o comezo da tempada, pero espera estar dispoñible o antes posible para axudar as súas compañeiras. Ten sido seleccionada ca coruñesa cadete de fútbol sala.

Aqui vos deixamos unha pequena entrevista na que nos fala un pouco máis sobre ela.

Cal é a túa praia favorita?
Praia de Oza
Que non debe faltar nunca na praia?
Non debe faltar unha pelota e uns altavoces
Cal é a túa tapa favorita?
Raxo de polo
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Orquestas
Viaxes con actividades de multiaventura ou de relax?
Multiaventura
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas descargada no móbil?
WhatsApp
Última aplicación descargada?
Facebook
Facebook, twitter ou instagram?
Twitter
Que serie non nos debemos perder?
Non me gustan as series
Unha Canción?
Coldplay - Paradise
Unha Cor?
Negro
Un Lugar?
Punta Cana
Un Medo?
Os bichos
Un Soño?
Viaxar sempre que poida
Manía antes de xogar?
Escoitar música
Amuleto?
Ningún
Mellor momento deportivo?
Agora, por poder xogar unha categoría máis alta.
Referente deportivo?
Calquera deportista de élite, por conseguir chegar a esos niveles.
Como afrontas a túa chegada ao Fisober?
Afronto a miña chegada ao Fisober con moita ilusión por un proxecto novo, espero que saia ben e poder quedarme máis tempo
E o reto de debutar en Segunda División Nacional?
O reto de xogar en Segunda División é algo incríble, sempre entrenei para poder mellorar e aspirar a algo mellor e chegoume unha oportunidade que espero que saia ben.


 

comments
f t g