Copyright 2019 - Fisober FSF

O Fisober ficha á porteira Andrea Mazás

A porteira  santiaguesa Andrea Mazás Otero chega ao Fisober  para esta tempada 2017/18 procedente do Santiago Futsal A Gaiola de liga Autonómica. A xoven porteira  aínda está en  idade cadete xa que naceu en Santiago de Compostela o 3/01/2002 polo tanto aporta aínda máis xuventude ao Fisober.

Andrea M. compatibilizou o  fútbol sala e o fútbol, e as porterías do Santiago Futsal e o Victoria F.C. en ambos deportes. Xa ten experiencia en campionatos nacionais xa que foi seleccionada  na selección galega infantil, na que por exemplo no campionato de España disputado no 2016 en Murcia e baixo as ordes de Litos foi compañeira de Nuriña. Tamén compartiu vestiario  na selección santiaguesa cadete con Paula Fandiño e a propia Nuriña.

Esto é o que nos decía onte sobre ela:

Cal é a túa praia favorita?
Silgar
Que non debe faltar nunca na praia?
Unha pelota
Cal é a túa tapa favorita?
Ensaladilla
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Orquestas
Viaxes con actividades de multiaventura ou de relax?
Multiaventuras
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas descargada no móbil?
WhatsApp
Última aplicación descargada?
Un xogo
Facebook, twitter ou instagram?
Instagram
Que serie non nos debemos perder?
Juego de Tronos
Unha Canción?
Esencial (Beret)
Unha Cor?
Rosa
Un Lugar?
Maldivas
Un Medo?
Fracaso
Un Soño?
Poder estudar o que me gusta e compaxinalo con sen deportista profesional
Manía antes de xogar?
Demasiadas. Unha delas é comezar a vendar a man esquerda
Amuleto?
Ningún
Mellor momento deportivo?
Gol na final do campionato de España infantil e a convocatoria ca selección galega para o campionato de España do ano pasado.
Referente deportivo?
Luis Amado, xa que era moi rápido, con moitos reflexos e ao ser moi corpulento, tapaba moita portería
Como afrontas a túa chegada ao Fisober?
Con moitas espectativas e con ganas de mellorar e seguir crecendo
E o reto de debutar en Segunda Divsión Nacional?
Con ganas e ilusión


 

comments
f t g