Copyright 2019 - Fisober FSF

Entrevistamos a última incorporación, Barca Toba

Barca é unha das xogadoras máis veteranas e con maior traxectoria deportiva do Fisober, esta muxiana nacida o 8 de outubro de 1985 ten unha longa traxectoria futbolística.

Iniciou a súa andaina nas escolas municipais de Muxía, sen embargo ó contrario das súas compañeiras ela non tivo que iniciar a súa andaina futbolística cos rapaces, pois alí había un equipo feminino que conseguiu numerosos campionatos de liga. Tralo seu paso polo fútbol sala costeiro dou o salto ó clube coruñés Sal Lence, no que solo estivo un ano, pois tras ir os adestradores das escolas municipais de Muxía para o Viaxes Amarelle ela tamén daría o salto ó equipo de Santa Comba. Tras pasar tres tempadas alí, obtivo un campionato de liga provincial feminina e darían o salto a liga autonómica.

Despois de combinar o fútbol sala co fútbol recalaría no Fisober, equipo no que leva xogando 5 anos. En estas cinco tempadas Barca, obtería un campionato de copa provincial, un campionato de liga autonómica, un subcampionato de copa autonómica e subcampionato de España.

Esta boa traxectoria no fútbol sala levouna á selección galega absoluta onde obtería o campionato de seleccións autonomicas.

Os últimos anos Barca alternaría as competicións de fútbol sala coas de atletismo, chegando a dedicarse exclusivamente ao atletismo. Este ano voltou ao Fisober FSF. 

Como xurdiu a idea de volver ao Fisober?

Pois foi todo porque este ano ao estar preto da casa fun ver varios partidos e tras eles  vin que volvian as ganas de xogar e sentia a necesidade de volver a estar nunha pista xa que creo que a miña despedida non foi da mellor maneira. E se a todo eso lle sumas que sempre me deixaron a porta aberta para volver... pois todo axuda.

Como che acolleron no  equipo?

Moi ben, a verdade. Non sabía como sería a reacción sobretodo das que non me conocían ou non coincidira nunca con elas no campo, pero a verdade é que me notei como se non me fora nunca e fun moi ben acollida. E co resto que xa conocía pois con total normalidade, moi contentas de que volvera...e  bueno eso é algo que agradecerei sempre.

Que diferenzas notas ca túa anterior etapa no club?

Pois a verdade noto moitos cambios. O primeiro a xuventude,  noto que isto e un proxecto a largo plazo e que necesitamos que as nenas pequenas sigan con esas ganas para en breve dar o salto como no seu día fixeron Nuria e Paula... por calidade non vai ser. Noto tamen que falta moita veteranía... en detalles dos partidos que si que a teñen outras que levan xogando toda a vida... eses detalles marcan e ganan partidos. Pero claro como dixen antes a xuventude do equipo fai que pasen estas cousas. Co paso dos anos deberán ir madurando e facendose con eses detalles. Todo ao seu tempo, recordo que eu tamen paguei esa inmadurez os primeiros anos e ahora son toda unha veterana jejeje. E por último o que vexo as veces e a falta de ambición, o de creerse mellor que o resto... recordo que nós íbamos a calquer pista con ganas de ganar fose quen fose o rival. Esto tamén son cousas que terán que ir madurando co paso do tempo.

Traballo, adestramentos, partidos,  faise difícil compaxinalo?

Cando un quere algo sacase o tempo de onde sexa. Si que as veces un chega agotado ao domingo... pero como digo, si de verdade queres o que fas non supon esforzo ningún. Ademáis falo con alegría e polo tanto non é un traballo, é un desfrute.

Cantos goles prometes?

Pois conocendome ojalá moitos... por ahora xa levo 1 e varios postes... penso que ainda teño olfato e será cuestión de insisitir. Eu con marcar 1 por partido e axudar a ganar xa me chega. A ver si se da que a segunda volta sexan todo victorias e goles jeje.

 

Preguntas curtas:

Cal é a túa praia favorita?

A da Cruz.

Cal é a túa tapa favorita?

Non son de tapas jejeje

Viaxes con actividades multiaventura ou relax?

Actividades sempre.

Aplicación imprescindible ou favorita que teñas no móbil?

O común hoxe en día... instagram, facebook...

Última aplicación descargada ?

Pois non recordo ben...supoño que algunha das ditas.

Facebook, twitter ou instagram?

Instagram

Que serie non nos debemos perder?

Non son de series jeje... limito o meu uso da televisión a ver deportes.

Unha canción?

Moitas...pero por decir unha PERFECT de Ed Sheeran.

Unha cor?

Verde

Un lugar?

Muxía

Un medo?

É so unha sensación que ten a nosa cabeza asique ningún... non debemos ter medo a nada.

Un soño?

Conseguir algún éxito deportivo importante... como os que xa conseguín no seu momento.

Manía antes de xogar?

Moitas… cinta na man, calcetíns finos... entre outras jaja

Un amuleto?

Amuleto non teño.

Peor momento deportivo?

Perder a final do campeonato de España na Coruña no palacio dos deportes e perder a liga provincial no ultimo partido.

Mellor momento deportivo?

Ganar a liga e xogar en segunda.

Referente deportivo?

Moitos... pero non sabría decirche un en especial. De cada un colles algo...empezando polos da casa.

Que lle pides ao 2019?

Saúde, con iso temos todo... o resto chega a partir deso.

E para o equipo?

Quedar o máis alto posible na tabla para que vexan que estamos aquí e seguimos dando guerra.

comments
f t g