Copyright 2019 - Fisober FSF

Entrevista a Adriana

Hoxe toca entrevista a outra das novidades desta tempada, Adriana, que chegou no verán procedente do Villa de Cee, ainda que de rapariga xa vestira a camisola do Fisober nun par de ocasións.  Para esta ceense nada o 11 de abril de 1989 a palabra Universal en fútbol sala cobra sentido xa que pode xogar en calquer posición da pista.

Como xurdiu a idea de fichar polo Fisober?

Pois foi moi sinxelo. Cando se desfixo o Villa de Cee por falta de xente eu tiña claro que si tiña a posibilidade quería seguir xogando, así que cando me chamaron non tiven ningunha dúbida.

Como che acolleron no equipo?

Xenial, a nivel persoal estou encantada desde o primeiro día. A algunhas rapazas xa as coñecía un pouco, pero con moitas nunca coincidira e non sabía como íamos encaixar. Pero desde o primeiro momento acolléronme todas xenial e fixéronme a adaptación ó grupo moi sinxela.

A “repunantiña” do equipo e porque?

María de Dumbría, déixolle a ela que reflexione o por que jaja.

Traballo, adestramentos, partidos, faise difícil compaxinalo?

Eu por sorte ata agora puiden sempre compaxinalo co traballo con relativa facilidade. Ademais é algo que desfruto tanto que intento sempre encaixalo como sexa e sacar o tempo de onde sexa.

Porteira, cierre, pivot ….. a definición de Universal en fútbol sala parece pensada para ti, onde te sintes máis cómoda ?

Jajajaja tal cual, o meu é un saber un pouco de todo e moito de nada. Onde máis cómoda estou sen dúbida é na portería, que é onde xoguei case toda a vida e onde estou máis segura do que fago. Na pista empecei a xogar fai 4 ou 5 anos para un apaño e por unhas cousas ou por outras, exceptuando a temporada pasada, aí quedei. En calqueira caso estou cómoda en calqueira posición, desfruto sempre xogando, aprendendo e intentando aportar o mellor onde faga falta.

Preguntas curtas:

Cal é a túa praia favorita?

Caneliñas.

Cal é a túa tapa favorita?

Tortilla.

Viaxes con actividades multiaventura ou relax?

Multiaventura.

Aplicación imprescindible ou favorita que teñas no móbil?

Whatsapp.

Última aplicación descargada?

TIDAL.

Facebook, twitter ou instagram?

Twitter.

Que serie non nos debemos perder?

Vexo moitas e todas moi malas, mellor que non recomende nada jaja.

Unha canción?

Stronger (Kelly Clarkson).

Unha cor?

Azul.

Un lugar?

Calqueira cerca do mar.

Un medo?

As arañas.

Un soño?

Non son nada soñadora, peco de exceso de realismo jaja.

Manía antes de xogar?

Ningunha.

Un amuleto?

Levo sempre unha chea de aneis, pulseras e colgantes, pero teño que deixalos no vestiario, así que ningún.

Peor momento deportivo?

As lesións de compañeiras.

Mellor momento deportivo?

O ano que gañamos a liga e a copa provincial en Cee. Non tanto polos títulos, senón polo gran grupo que había e todo o que traballamos e desfrutamos esa temporada.

Referente deportivo?

Ningún en particular, calqueira que teña no meu arredor en cada momento é un referente perfecto para fixarme e intentar coller o mellor de cada quen tanto a nivel deportivo como persoal.

Que lle pides ao 2019?

Saúde, tendo iso o resto xa se irá conseguindo...

E para o equipo?

En liña co anterior primeiro que nos respecten as lesións. A maiores que nos acompañe un pouquiño máis a sorte na pista nesta segunda volta.

comments
f t g