Copyright 2019 - Fisober FSF

Falamos co novo adestrador do equipo senior, Dani Costa

Hoxe toca falar co que será o novo adestrador do Fisober, Dani Costa. O de Sarteguas vivirá a súa primeira experiencia nun banquiño senior.

Como afrontas o reto de sustituir a Fran despois de todos estos anos?

Afronto coa responsabilidade que supón todo o que representa o Fran entrenador para o Fisober, coa máxima ilusión e desexando comezar a adestrar xa. Foi bastante inesperado, e supón un cambio grande pasar a adestrar por primeira vez en categoría sénior, pero se hai un equipo ideal para dar o paso creo que ese é o Fisober, donde non se trata de sustituir a Fran, senón que máis ben supón recargar de aire fresco e ilusión a todas e cada unha das seccións e persoas que compoñen este equipo, dende alevíns ata sénior, cos mesmos nomes pero lixeiros cambios, e coa tranquilidade de seguir tendo a Fran na faceta de presidente e contar co seu "equipo", que son Luís, outro dos incondicionais todos estes anos no banquiño da sección sempre que o necesite e sempre que pode; e a Santi, que compartiu tamén este último ano con Fran e supuxo un plus importante en moitos aspectos.

Pasas de inferiores ao primeiro equipo, eso é unha porta aberta a canteira?

Evidentemente, pero esa porta neste equipo sempre está e estivo aberta, e desexando ser botada abaixo, se é posible máis de unha ou dúas veces cada tempada, mellor que mellor. Pero si que é verdade que despois de adestralas á maioría dende que eran benxamíns, posiblemente coñeza mellor o que pode aportar cada unha das rapazas que agora son cadetes, e iso pode supoñer unha vantaxe tanto para min como para elas e en consecuencia, para o equipo.

 Cal pretende ser a túa filosofía para a vindeira tempada?

Que cada xogadora se sinta importante e teñamos bo ambiente, adestrar o máximo dentro do posible para conseguir e manter ese puntiño físico diferencial, e dinamismo, alegría e intelixencia dentro da pista para saber competir contra tódolos rivais.

 O obxectivo do equipo debe ser?

Competir cada encontro para acadar a permanencia, e se ademáis conseguimos que cada partido máis xente se sinta con gana de vir ó pabellón vernos e animarnos, mellor porque eso significará que as xogadoras se divirten na pista e entreteñen a xente de fóra.

Aínda así non deixas de todo as categorías inferiores?

É moi difícil deixalas, porque as categorías sénior e de base parécenme dous mundos totalmente diferentes pola miña maneira de interpretar os adestramentos e a competición, e coincidimos tan ben nesta filosofía Ana e eu, que quixemos seguir formando tándem na base, desta vez nesa nova sección masculina que serán os infantís e cadetes, para seguir vendo semana a semana ese progreso que buscamos cos adestramentos e partidos, que xunto co gran marxe de mellora que teñen os rapaces polo que puidemos ver deles tanto nos equipos mixtos que xa tivemos, como nas últimas xornadas de portas abertas, preséntase como outra das partes ilusionantes desta tempada.

E aqui vos deixamos a súa entrevista persoal:

Cal é a túa praia favorita?

Calquera abrigada con chiringuito accesible a pé dende ela.

Cal é a túa tapa favorita?

A ensaladilla rusa.

Viaxes con actividades multiaventura ou relax?

Relax, con un par de actividades e visitas culturais polo medio se son varios días.

Aplicación imprescindible ou favorita que teñas no móbil?

Imprescindible WhatsApp; favoritas Marca, MisMarcadores e Comunio.

Última aplicación descargada?

LinkedIn creo.

Facebook, twitter ou instagram?

Twitter para "informarse"; Facebook e Instagram para publicar según que cousas.

Que serie non nos debemos perder?

Prefiero as películas antes que as series, pero das que vin, recomendaría Hawaii 5.0 ou Castle.

Unha canción?

Calquera das que cantan os Riazor Blues no estadio durante os partidos do Depor.

Unha cor?

Vermello.

Un lugar?

Galicia.

Un medo?

Decepcionar á xente que considero importante na miña vida.

Un soño?

Teño moitos, nos que traballo para ir convertindo cada un deles en metas alcanzables. Deportivamente, facer mellores ós equipos dos que forme parte. Persoalmente, o máis inmediato sería conseguir un emprego estable.

Manía antes dos partidos?

Saír do vestiario antes que @s xogador@s, poñer modo avión no teléfono, ordenar as fichas da pizarra e non sentarme no banquiño antes do inicio do partido.

Un amuleto?

Aínda non encontrei ningún que funcionase correctamente, polo tanto pódese decir que non teño.

Peor momento deportivo?

As tres lesións graves que me tocou vivir como xogador.

Mellor momento deportivo?

Estou totalmente convencido de que aínda está por chegar, tanto de adestrador coma de xogador. Iso si, ganar as ligas de 2ª e 1ª coa xente que formaba parte dos veteranos do Soneira cando lles iba facer os cambios foi unha experiencia moi chula e que repetiría sen dudalo nin un segundo.

Referente deportivo?

Que sexa famos@ a nivel nacional ou internacional non teño ningún, xa que para ter a unha persoa como referente, considero que teño que saber se é boa persoa no día a día ademáis de ser boa profesionalmente. Pero podo dicir que, como adestrador, gustaríame ser capaz transmitirlle ó equipo o dinamismo e a intensidade que lle transmite Klopp, salvando as distancias e diferencias obvias que existen tanto no nivel coma no deporte.

Que lle pides a tempada?

Que non haxa lesións importantes, que a maior parte das xogadoras poida acudir á inmensa maioría dos adestramentos, e que haxa un bo ambiente no vestiario e na grada; se estas tres circunstancias se dan, pode ser unha gran tempada, e dende logo faremos o posible para que así sexa.

comments
f t g