Copyright 2019 - Fisober FSF

Bárbara, nova fichaxe para o Fisober

No día de hoxe toca presentar a outra das caras novas para esta tempada 2016-2017 a da volta a Segunda División Nacional para o Fisober.

Trátase de Bárbara María Caamaño Piñeiro, máis coñecida coma Bárbara. O igual que Lía tamén é natural de Esteiro e tamén se atopa aínda en idade xuvenil. Acostuma a desenvolverse na posición de pívot. E chega dende o Atletes de Esteiro da liga provincial.

Para que a coñezades un pouco máis deixamos unha pequena entrevista con Bárbara a continuación.

Ler máis: Bárbara, nova fichaxe para o Fisober

Lía, unha nova cara para o Fisober

No día de hoxe imos presentar a unha das novidades para a nova campaña na Segunda División Nacional. Trátase de Lía Agra Abeijón máis coñecida coma Lía.

A porteira de Esteiro chega ao Fisober procedente do Lira cargada de ilusión. Trátase dunha xogadora xoven xa que aínda está en idade xuvenil.

Agora deixámosvos cunha pequena entrevista para que a coñezades mellor.

Ler máis: Lía, unha nova cara para o Fisober

Entrevista a Myre para o Dxt

Hoxe compartimos con vos a entrevista completa do Dxt que lle fixeron a Myre e que saíu publicada hoxe na prensa escrita.

Como foi este ano apartada das pistas ?

Foi un ano e un mes duro, máis que nada , teño esa espiña clavada de non poder axudar ao meu equipo a intentar a salvación na Segunda División Nacional. 

Onde sufriches máis na rehabilitación ou na grada ?

A verdade é que a rehabilitación non me causou dor ningunha. Foi larga e demasiado monótona, pero levadeira. Obviamente doeume máis non poder disfrutar na pista coas miñas compañeiras , xa que na grada non é o mesmo, é como se non formara parte directa das derrotas e triunfos do meu equipo, aínda que sufrira e disfrutara igual , non sintes o mesmo.

Como te sentiches cando supeches que ías convocada, como foi o sábado para ti voltando a rutina dun partido ?

Pois volver convocada foi ver a luz o final do túnel. Foi poder respirar fútbol sala , por fin. Foi deixar atrás os choros , a dor, a operación, as muletas, a rehabilitación….todo. O sábado foi volver a empezar outra vez. Nervios a flor de pel e ganas.

E no momento que volveches a saltar a pista?

Cando saltei a pista sentinme bastante impotente, xa que unha tartaruga o meu lado agora mesmo é un formula 1. Pero sei que teño que ter paciencia e recuperar o meu mellor nivel xa que non foi bo estar tanto tempo sen facer nada de cara ao meu físico. Pero o mellor de todo é que o xeonllo responde perfectamente e o medo a volver lesionarme desvanece, pasiño a pasiño.

E o día despois, moitas dores ?

Unicamente as ampollas dos pés por falta de costume ( ri ). Pero como xa dixen, estou ben . O xeonllo ten estabilidade , teño flexión i extensión completa, non podo pedir máis xa que levo máis de un ano sen xogar, pero operar opereime o 24 de Setembro.

Un día menos... Entrevistamos a Myre

No día 11 do mes 11 tíñamos que falar coa 11 do equipo!! Unha vez máis incordiamos a Myre para que nos comentase como lle está indo a recuperacion da súa grave lesión (rotura de ligamento cruzado e microrotura de menisco) que a terá apartada dos terreos de xogo toda a tempada. Un lesión que a xogadora leva con paciencia e como non, animando ó equipo sempre que pode.

Myre, que tal vai a recuperación?

A recuperación en stand by. Estou esperando a que arreglen todo o papeleo para o fisio pero as sensacións non son malas.

Cando che dixeron que poderías volver a xogar?

Pois dixéronme que ao ser unha lesión bastante grave e que ten que curar ben, menos de seis meses nada, pero máis ben, mencionoume oito meses.

Como afecta a lesión á túa vida cotián?

Pois para os estudios complicoume un pouco a vida porque, estando recén operada, teño o bus bastante lonxe como para andar tanto, polo tanto, tiven que conducir bastante antes do que me mandaran. Polo traballo igual: fai pouco chamáronme para estar de monitora de nenos pero si eles corren eu non podo ir detrás (ri). Polo demais, vou tirando.

Como ves os partidos desde a grada? Sufres moito?

Sufro máis que xogando, pero polo menos podo protestar e non me sancionan ao estar aínda sen ficha. (ri)

Como cres que quedará o Fisober na táboa?

Queda por xogar con algún de arriba con xogadoras de moita categoría como por exemplo  Silvia, a ex porteira do Poio de Honor que está en Moaña; pero polo que levo visto, con constancia conseguiremos estar ahí arriba.

Que lle ves de bo ó equipo actualmente?

Que están facendo da casa un fortín onde non se perdeu e xogouse moi ben. A ver se fóra as miñas compañeiras conseguen o mesmo.

Como ves ás rapazas do B que acaban de chegar ao primeiro equipo?

Hai xente que se adapta mellor que outra, como é normal. Só quero decirlle as que deron xa o salto de calidade que sigan así e as que están menos adaptadas a fusión do A e B e non contan con tantos minutos, que eu tamén via medio mal eso de ser Cesc no Barça e non no Arsenal (elas xa me entenden jajaja) pero que ao final non foi tan dramático e ata puiden chegar a segunda, non desanimarse, que lembren ese lema de cando estábamos xogando o descenso, o de aquí non se rende ninguén.

As súas compañeiras tamén se acordan dela, polo que o día que se operou fixeronlle este pequeno video a modo de agasallo:

Tamen vos deixamos aquí o articulo da mala noticia que recibíamos ó enterarnos de que a lesión era máis grave do esperado: Dificil Momento para Myre

 

Comeza a Liga Autonómica.- Entrevista a Fran Pioto

Mañá domingo 20 de Outubro comeza a tempada para o Fisober na súa andaina pola Liga Autonomica Galega. No primeiro enfrontamento o equipo de Fran Pioto xogará a domicilio contra a Fervenza. Para esta primeira previa faremoslle unha entrevista ao fundador e actual adestrador do Fisober, Fran Pioto.

Eres un dos fundadores, como evolucionou o clube desde 2004? E o futbol sala feminino?

Fran Pioto, adestrador do Fisober FSFPois evolucionou nun 100%, pasamos de competir con dous equipos de base nos inicios e o pasado ano un en Segunda Division, filial e con dous de base, con todos os recursos humanos e economicos que conlevan. O futbol sala feminino tamen dou un salto grande, sobre todo en Galicia, xa que contamos con cinco equipos na máxima categria e a seleccion española nuetrese de futbolistas galegas ou de equipos galegos.

De todos estes anos cal foi o momento máis feliz? E o mais triste?

Momentos hai moitisimos, pero sobre todo a evolucion das nosas competindo ó mais alto nivel. O peor momento foi perder unha liga Provincial no 2009 cando xa era nosa, no ultimo partido.

Se algun pai ou nai dubida de que a sua filla se una o Fisober, que lle dirias para convencelos?

Pois ai entran os pais das nenas que xa temos, que son os adecuados para informar.

Como ves as categorias inferiores do clube?

Sinceramente, creo que temos un bo futuro.

Despois de tres anos en Nacional, con que te quedas?

Con todo, foron tres anos de aprendizaxe continua.

Como afronta o Fisober a volta a Autonimica?

Con moita ilusion, é unha gran pedra de toque para un equipo que no seu 80% xogaba en provincial o ano pasado.

Moita xuventude no plantel, non?

Pois si, sempre foi unha caracteristica deste clube, creo que imos facer unha gran tempada.

Como valoras a pretempada?

Moi positiva, pouco a pouco estamos incorporando unha serie de conceptos defensivos e ofensivos novos e estan asimilandoos moi ben.

Algo que queiras añadir para rematar?

Pois darlle as gracias a todos os que nos siguen e apoian, sen eles non sería posible chegar a donde estamos.

f t g