Copyright 2019 - Fisober FSF

Entrevista a Eva Lema.- Toda unha campiona

Eva naceu na vila de Merexo, no concello de Muxía, un 23 de setembro do ano 1994. No seu paso polo club de fútbol sala cabe destacar a súa polivalencia como xogadora, xa que Eva era xogadora de campo, e pasou de marcarlle goles as rivais a pararllos por necesidades do equipo; pois en categorías inferiores o Fisober non contaba con porteira fixa e ela ofreciuse para adestrarse nese posto e dar estabilidade o equipo. Este cambio non so sería por unha temporada senon que sería permanente ata hoxe en día, sendo porteria en primeira division Nacional.

Á súa chegada o Fisober no ano 2007 acumula numerosos títulos a nivel colectivo pero cabe destacar como na maioría das súas compañeiras o campionato de copa provincial, o primeiro posto de liga autonómica galega e o segundo posto de liga provincial coruñesa e segundo posto de copa autonómica ademais do salientable subcampionato de España por clubes que desputou co Fisober. E por se fora pouco, actualmente encontrase xogando en primeira division co Viaxes Amarelle e acaba de ganar o Campionato de España esta fin de semana. Entrevistamos a Eva Lema.

Como foi adestrar coa seleccion galega?
Pois foi unha experiencia diferente. Compañeiras novas e entrenadores novos. Os entrenos estaban plantexados doutra forma e aprendin cousas novas.

Que sentiches ó chegar á final? Costou moito chegar a ela?
Sentin moita alegría como é normal cando convirtes a Galicia en campiona de España. Claro que costou, ainda que os partidos se gañaron por un número amplio de goles, a realidade é que non resultou fácil.

Ler máis: Entrevista a Eva Lema.- Toda unha campiona

Entrevista a Fran Pioto en A Voz do Deporte

O Fisober sigue a buscar Sponsor, e o pasado mercores 5 Fran Pioto foi entrevistado en Radio Voz no programa A Voz do Deporte. Na entrevista falan do necesario que é conseguir un patrocinador, tanto para colaborar co clube como para que a empresa patrocinadora consiga unha boa publicidade. Tamen falan da previa do partido que enfrontou ó Fisober contra o Unami, partido desputado en Dumbria e que acabou 1-1.

Aqui vos deixamos a entrevista integra:

E aqui vos deixamos o Sponsor do que se fala no Video:

Para mais informacion sobre a publicidade podes contactar con nos en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 635436173.

f t g