Copyright 2019 - Fisober FSF

Partido de gran importancia para o Fisober

Fin de semana no que o Fisober F.S.F. tan solo ten un partido, o do primeiro equipo, pero de suma importancia e será no inhabitual horario de domingo as 19 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Na Preferente Galicia-Liga Autonómica o Fisober recibe ao S.D. A Gaiola o vindeiro domingo día 19 a partires das 19:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido correspondente a 29ª xornada de liga e con Marcos Pérez Rodríguez coma colexiado asignado.

Partido moi importante para as costeiras o desta xornada a última coma local. O Gaiola santiagués é un equipo con moita xogadora coñecida nas súas filas. Conta con dúas ex coma Bárbara e Raquel ademais de dúas xogadoras costeiras coma Bea Lista e Marta Sambade.

Na primeira volta o triunfo fora do Gaiola por catro a dous con goles de : Raquel en dúas ocasións, Estela e Bárbara nunha, polo Fisober marcaran : Nuria e Paula Fandiño. O que demostra a dificultade do partido e a eterna maldición de enfrontarse as ex xogadoras.

Fin de semana chea de emoción e partidos para o Fisober

Fin de semana chea de emoción e partidos para os equipos do Fisober.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo viaxa a Vilalba para enfrontarse ao Vilalba F.S. no P.M. de Deportes de Vilalba a partires das 16 horas en partido correspondente a 28 ª xornada de liga con Yago Seijas coma colexiado asignado.

Na primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol das lucenses. Os goles costeiros foran obra de Adriana e Barca. Polo Vilalba marcaran Akira e Carolina en dúas ocasións cada unha.

O equipo filial ten partido de Copa Primeira Galicia- Copa Provincial o sábado a partires das 17:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao TCA Instalacions F.S. Pontedeume, en partido correspondente a 8 ª xornada no seu grupo B.

Será a cuarta vez que se vexan as caras ambos equipos esta tempada , con dúas igualadas e un triunfo costeiro no partido da primeira volta de Copa por un a catro. Con goles do filial costeiro de Lucía Rodríguez, Saray, Nerea e Lucía Canosa e polo Pontedeume Yaiza.

Tamén xogaran as finais provinciais os equipos infantil e alevín feminino i en ambas terá ao Viaxes Amarelle coma rival en partidos que se disputarán no P.M. de Outes.

As 11 horas xogarase a final alevín, será o terceiro enfrontamento desta tempada entre ambos conxuntos e nos anteriores gañou de forma contundente o equipo viaxeiro que acabaría sendo campión de Liga e Copa galega alevín polo tanto é o gran favorito.

As 12 horas xogarase a final infantil, será o quinto enfrontamento entre ambos equipos esta tempada con dúas vitorias para cada equipo. Gañaron sempre os locais nos seus enfrontamentos.

Os equipos do Fisober voltan a competición despois do parón de Semana Santa

Os equipos do Fisober voltan a competición despois do parón de Semana Santa.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo do Fisober inicia o seu particular Tourmalet. Xoga o vindeiro sábado día 20 a partires das 16 horas fronte ao Leis Pontevedra no P. Principe Felipe en partido correspondente a 26 ª xornada de liga e con Alejandro Ares Troitiño coma colexiado asignado.

O Fisober que segue con moitas baixas e xogadoras entre algodóns visita ao segundo clasificado. Na primeira volta o resultado fora de un a tres a prol das do Lérez. Con gol de Paula Fandiño para as costeiras e Lara en dúas ocasións e Patri para as da cidade do Lérez.

Na Copa de Primeira Galicia- Copa Provincial o filial xoga o seu partido o vindeiro mércores día 1 a partires das 18:15 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao Troula de Betanzos con Daniel Blanco coma colexiado asignado. O partido é a sexta xornada na liguiña de Copa, primeiro da segunda volta no seu grupo B.

Será a terceira vez que se enfronten ambos equipos esta tempada caendo sempre o triunfo nas botas das betanceiras con claridade.

Tamén na Copa pero na Copa Galega Infantil o infantil feminino do Fisober visita A Coruña o vindeiro sábado a partires das 16 horas para enfrontarse ao Viaxes Amarelle no P. Sagrada Familia.

En partido correspondente a cuarta xornada da liguiña de Copa no seu grupo A, primeiro da segunda volta e que terá a Miguel Puerta coma colexiado asignado. Será o cuarto enfrontamento entre ambos equipos esta tempada, nos que sempre gañou o conxunto que exerceu coma local os seus partidos.

Protagonismo para as categorías inferiores

Fin de semana no que o protagonismo vai ser para as categorías inferiores do Fisober xa que logo o primeiro equipo non volta a competición ata fin de mes, especialmente para os equipos alevíns , o mixto e o feminino.

O equipo filial o Fisober B despois de tocarlle descansar a semana pasada xoga este sábado día 13 a partires das 19:30 nas I.D. de O Conco en Dumbría o seu partido correspondente a 5ª xornada e úlitma da primeira volta no seu grupo B da Copa de Primeira Galicia, o rival será o Cruces F.S.F. .

Será a terceira vez na que se vexan ambos equipos nesta tempada. Nas dúas anteriores venceu o Cruces, por cero a seis en Dumbría e por tres a dous no partido disputado en Cruces.

O sábado día 13 viaxará a Padrón o equipo alevín mixto para disputar o Intercomarcal da categoría alevín maculina/mixta . Despois de dar a sorpresa na competición de LCFSB Costa da Morte e levarse o título nunha competición maioritariamente masculina, pois este equipo desfrutará a experiencia de xogar contra os mellores equipos da comarca.

O Fisober disputará a súa semifinal o sábado a partires das 12:00 horas fronte as E.D.M. de Negreira no P.M. de Padrón. A outra semifinal disputarana unha hora antes C.F. Outes e as E.D.M. de Pontecesures.

O terceiro e cuarto posto será a partires das 15:30 e a final a partires das 16:30 horas nese mesmo pavillón.

Para o domingo queda a participación do alevín feminino, no que repetirán algunhas das participantes do sábado. Durante toda a xornada do domingo día 14 disputarase nas I.D. de O Conco en Dumbría a Copa Galega Promesas Alevín Feminina.

O Fisober quedou encadrado no grupo B xunto co Viaxes Amarelle e co Adarve lucense. No grupo A estarán o Futsal Morrazo, o Poio Pescamar eo Charcutería Orvi Fervenza.

O Fisober iniciará a súa participación o domingo a partires das 11:00 horas fronte ao Viaxes Amarelle. O Amarelle proclamouse campión de liga na concentración celebrada en Narón en decembro, onde gañou ao Fisober por once a un.

O Fisober xogará o seu segundo partido a partires das 17.45 horas do domingo fronte ao Adarve lucense. Tamén se enfrontaran ambos equipos en decembro en Narón co triunfo lucense por oito a un.

O campión de cada grupo enfrontarase na gran final a disputar o domingo a partires das 20:45 horas.

Importantes citas esta fin de semana para o Fisober

Fin de semana con poucos partidos pero con importantes citas xa que os equipos que xogan o primeiro e o infantil teñen citas importantes para iniciar abril.

O sábado día 6 de abril a partir das 16:00 horas o Fisober recibe ao Galipizza Sport Sala Culleredo en partido das 25 ª xornada na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica. O árbitro asignado é Ignacio Rivas.

Tódolos partidos comezan a ser chave para o primeiro equipo do Fisober e o desta fin de semana será o primeiro desta difícil xeira co que finaliza a tempada. O Fisober está a sufrir unha praga de lesións e as baixas xa coñecidas de Barca, Nuriña e Noe a semana pasada uniuse a capitana Ana que non puido xogar a segunda metade no último partido e que será dúbida para esta fin de semana.

Na primeira volta o partido decantouse a prol das costeiras cun solitario gol da capitana Ana , nun partido moi igualado.

Coma o equipo filial lle toca descansar o outro equipo que terá partido será o infantil feminino con partido de Copa Galega feminina.

Na segunda xornada de Copa neste grupo A o infantil do Fisober visita Narón para enfrontarse ao Error Ferrol A Fervenza. O partido dispútase no P. Campo da Serra a partires das 17:45 horas deste sábado día 6 de abril.

No partido de liga disputado en Narón o resultado foi de un a dous a prol das costeiras.

f t g