Copyright 2017 - Fisober FSF

Máis futsal para este fin de semana

Fin de semana completo para un Fisober que terá un horario pouco habitual para o seu primeiro equipo, o resto de equipos xogan na xornada de sábado en moi diferentes puntos.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da décima xornada, o equipo senior enfróntase na matinal do domingo día 26 a partires das 13:00 horas ao C.D. Universidad de Valladolid no Pavillón das I.D. de O Conco nun horario inhabitual para o Fisober coma local.

Antóllase un partido igualado entre dous equipos que o darán todo na busca dos puntos. As pucelanas están colocadas no décimo posto da clasificación e veñen de caer 1 a 3 fronte o San Fernando. Pola súa banda as costeiras veñen de caer no derbi fronte o Cidade de Pontevedra.

Deberá amosar o Fisober a súa mellor imaxe e total concentración como na visita a San Fernando si quere sacar algo de proveito deste partido tan complicado.

Na Primeira Galicia feminina o equipo filial enfróntase ao Troula F.S. de Betanzos. Tamén o fará coma local pero será o sábado día 25 a partires das 20:30 horas nas I.D. de O Conco en partido correspondente a sétima xornada da categoría.

As de Betanzos son un dos equipos potentes da categoría con xogadoras con ampla experiencia en ligas de maior categoría e que contan todos os seus partidos por triunfos cómodos excepto o enfrontamento co líder Culleredo. Veñen de golear o Melide na anterior xornada. O filial segue a pagar a novatada e caeu no derbi ante o Ponteceso a pasada semana.

Na Liga Galega Infantil feminina o Fisober infantil , viaxa a Lugo para enfrontarse ao Prone Lugo Adarve. Será o sábado día 25 a partires das 16:00 horas no P. Centro Deportivo Terra no polígono do Ceao lucense.

Son dous equipos moi parellos aínda que neste momento está mellor clasificado o cadro costeiro. O Fisober ven de gañar con solvencia nun gran partido e dando a sorpresa, por 4 a 0 ao Viaxes Amarelle mentres que as lucenses chegan despois de caer no último minuto por un axustado 3 a 2 fronte o potente A Fervenza.

O equipo alevín mixto da Liga da Costa base visita o Camariñas F.C. e tamén será o sábado día 25 a partires das 16:00 horas no Pavillón da Ponte do Porto. O alevín mixto do Fisober ven de gañar por 3 a 2 ao Villa de Cee na anterior xornada.

comments
f t g