Copyright 2017 - Fisober FSF

Xornada solidaria no Conco

O Fisober F.S.F. repite iniciativa de outras tempadas polo Nadal este sábado día 9 xa que vai facer unha recollida de alimentos para causas solidarias. Aproveitando as datas que nos atopamos e que o sábado xogan coma locais tanto o primeiro equipo, como o filial e o infantil vai ser a data elixida para facer a recollida solidaria de alimentos, na cal o club agradecería a todos aqueles que se pasen polas I.D. de O Conco o vindeiro sábado para presenciar calquera dos partidos, acudan con alimentos non perecedeiros por esta boa causa.

No puramente deportivo na Segunda División Nacional no seu grupo IV e dentro da 12ª xornada de liga o Fisober recibe a visita do Colmenarejo F.S. o vindeiro sábado día 9 a partires das 16 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Difícil rival o madrileño no que chega na portería unha das históricas do Fisober a muxiana de Merexo , Eva Lema. O Colmenarejo é un dos aspirantes o ascenso e o título de Liga. Chegan despois de tres vitorias consecutivas.

O Fisober chega despois da igualada a semana pasada en Guadalaxara.Total concentración os corenta minutos, traballo defensivo e aproveitar as oportunidades serán chave para o Fisober se quere pescar algo neste complicado partido. Partido inédito xa que ambos conxuntos nunca se enfrontaron.

O equipo filial de Primeira Galicia xoga tamén o sábado día 9 as 19:45 horas como local nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao Cruces F.S.F. dentro da novena xornada da categoría .

O Cruces ven de igualar na última xornada fronte ao Melide un dos equipos da parte media alta da clasificación. Mentras que o filial do Fisober está a pagar a novatada e as baixas que fan que non poidera repetir convocatoria en toda a tempada, pero o proceso formativo tamén é sobrepoñerse as dificultades e aprender cada partido.

Na Liga Galega Infantil feminina o equipo infantil recibe ao A Fervenza dentro da décima xornada da categoría co que se da inicio a segunda volta, será sábado a partires das 18 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

A Fervenza é un dos equipos potentes da categoría, actual campión de liga e chega nun bo momento despois de catro vitorias consecutivas. Tamén chega nun bo momento o equipo infantil do Fisober logo de dous triunfos consecutivos aínda que a semana pasada sufriron a xornada de descanso que pode romperlles o ritmo. Na primeira volta a vitoria foi para A Fervenza por catro a cero.

O único equipo que non xogará sábado nin como local será o alevín mixto de Liga Comarcal Costa da Morte. Desprázanse a Corcubión o xoves día 7 xogando no municipal de dita vila a partires das 17 horas fronte ao E.F. B. Corcubión dentro da quinta xornada.

comments
f t g