Copyright 2018 - Fisober FSF

Últimos do ano

Último fin de semana de competición para o Fisober F.S.F. neste 2017 con partidos para o equipo senior e o alevín mixto, antes do merecido parón de Nadal.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da décimo-cuarta xornada teremos un bonito derbi nas I.D. de O Conco en Dumbría para despedir o ano. O sábado 23 e contraprogramando o Clásico, cousas do calendario, a partires das 12:30 horas o Pirata Morrazo F.S.F. chega a Dumbría.

As do Morrazo son un dos equipos potentes na categoría que loitan polas prazas de ascenso. Chegan despois de tres vitorias consecutivas na competición e a tan solo tres puntos da praza de promoción de ascenso.

Ademais son un vello rival das costeiras xa que se enfrontaron este verán en Copa Xunta en Dumbría con resultado a prol das do Morrazo de 1 a 4. O gol das costeiras fora obra de Noe e os das do Morrazo de Lolo, Elena, Charo e Kun.

O equipo visitante conta cun potencial enorme onde destaca o fichaxe esta tempada de Charo dende División de Honra procedente do Poio, sen esquencerse da súa capitana Kiko……

O Fisober deberá traballar e loitar cada balón se quere sacar algo positivo deste difícil encontro e acabar o ano cunha ledicia para a súa parroquia.

Pola súa banda o equipo alevín da Liga Comarcal de Fútbol Sala Base da Costa da Morte ten dobre compromiso esta semana. Se o mércores 20 caia pola mínima fronte o Concello de Fisterra por 5 a 4. Este venres día 22 as 12 horas xoga fronte As Baleas de Camariñas no Pavillón Municipal de Muxía.

Dende o FISOBER F.S.F. queremos desexarlles un Bo Nadal e unhas Felices Festas.

comments
f t g