Copyright 2018 - Fisober FSF

Comezamos o 2018 cargado de futsal

Co ano novo e nesta segunda semana de xaneiro volven a competición os equipos do Fisober F.S.F., despois do longo parón de Nadal aínda que máis longo para uns que para outros, o que será a súa estrea neste 2018.

O primeiro equipo dentro da 15ª xornada da Segunda División Nacional no seu grupo IV visita terras madrileñas para enfrontarse ao ADAE Simancas. O partido disputarase o vindeiro sábado día 13 ás 17:30 nun dos Pavillóns do C.D. Municipal San Blás de Madrid, no que será o primeiro partido do ano.

As madrileñas sextas clasificadas fan historicamente da súa pista un fortín, de feito é unha das pistas máis complicadas da categoría. Nos seus últimos partidos golearon ao Majadahonda como locais por 7 a 1 e igualaron a dous na pista do San Fernando na xornada previa a noiteboa.

O partido ten dous precedentes da tempada 14/15 , con dobre triunfo madrileño, na visita a San Blás o Fisober caia por 5 a 3, e o Fisober tamén caía coma local por 2 a 4.

Na Primeira Galicia o equipo filial dentro da 11ª xornada de Liga enfróntase nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Ulla Oil Vedra F.S.F., o partido será o vindeiro domingo día 14 no matinal horario das 10:30 horas, no que tamén será o primeiro partido do ano para o filial.

As de Vedra suman tres puntos máis co filial e veñen de gañar no seu último partido a domicilio por un a tres en Pontedeume.

Na Liga Galega Infantil Feminina dentro da 12ª xornada de Liga o equipo infantil visita ao F.S.F. Castro. O partido será o vindeiro sábado día 13 as 18 horas no P.M. de Castro Ribeiras de Lea, en terras lucenses. No que será o primeiro partido do ano para as infantiles que viñan nunha boa xeira antes do parón e que lles curtou o bo ritmo de traballo que viñan realizando.

Na primeira volta o resultado fora dun contundente 2 a 6 a prol do Castro, os goles do Fisober foran de Lucía e Sharay.

Pola súa banda o equipo mixto da LCFSB Costa da Morte enfróntase as E.F.B. Corcubión no Municipal de Corcubión. Será o vindeiro venres día 12 a partires das 19 horas. Un partido aprazado no seu momento xa que o equipo alevín xa xogou o partido desta xornada o pasado 2 de xaneiro caendo pola mínima fronte as E.M.F. de Vimianzo, por 5 a 4, con 2 goles de Javi, Manu Vila e Ruth.

comments
f t g