Copyright 2018 - Fisober FSF

Volven a xogar todos os equipos

Despois do parón da semana pasada volven a escena tódolos equipos con partidos dende o venres ao domingo para cubrir este longo fin de semana.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV o primeiro equipo volve a competición despois do fin de semana de seleccións autonómicas. E faino para enfrontarse o vindeiro sábado día 3 nas I.D. de O Conco ao Unami CP segoviano. O partido disputarase en Dumbría a partires das 17 horas en partido correspondente a 17ª .

O Unami é un equipo situado na zona media da clasificación e que chega no seu mellor momento da tempada encadeando catro xornadas sen perder. Con vos resultados ante equipos da zona alta como o triunfo ante o Atleti B ou a igualada co San Fernando.

Na primeira volta en Segovia o resultado fora de 7 a 5 a prol das segovianas. Polo Fisober marcaran Paula Fandiño en tres ocasións, Noe e Mai.

Hai un precedente en Dumbría da tempada 14/15 que rematou con empate a un.

Na Primeira Galicia o equipo filial tamén xoga en Dumbría nas I.D. de O Conco o sábado a partires das 19 horas unha vez finalizado o partido do primeiro equipo. O rival será o Melide FSF en partido correspondente a 14ª .

O conxunto do Melide a pesares da súa xuventude é un equipo potente e que está a facer moi ben as cousas. De feito tan solo cederon un empate e unha derrota en toda a tempada ata o momento. E son o único conxunto que acadaron gañar o líder Culleredo o que da unha mostra do seu potencial.

Na primeira volta o resultado fora dun contundente sete a cero para o Melide. Pero as costeiras están no seu mellor momento da tempada e intentarán competir o partido como fixeron co líder Culleredo.

Na Liga Galega Infantil Feminina o Fisober visita o domingo día 4 a partires das 17 horas ao Meigas. O partido disputarase no Municipal de Bertamiráns , un encontro que corresponde a xornada 14ª .

Na primeira volta o resultado fora de 5 a 1 a prol das costeiras con dous goles de Sharay Caamaño e Saray Duarte e un de Lucía.

Por último na LCFSB Costa da Morte o venres día 2 abrirá o fin de semana para o Fisober o equipo de comarcal enfrontándose ao Camariñas en partido aprazado da anterior xornada. O partido disputarase no P.M. de Muxía a partires das 19:40 horas. Nun duelo que desta vez será totalmente feminino.

comments
f t g