Copyright 2018 - Fisober FSF

Futsal e campus en marzo

Fin de semana no que compiten o equipo de Segunda División Nacional e o filial e tamén xa está en marcha o IV Campus Fisober de Semana Santa.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV e dentro da 20 ª xornada o Fisober visita na mañán do domingo día 11 a partires das 12 horas ao Atleti B no P. “ La Estación” de Navalcarnero.

O filial do Atlético é un dos equipos máis potentes da categoría, quinto clasificado, moi forte sobre todo coma local onde sole contar con xogadoras que van con frecuencia convocadas co primeiro equipo. De feito coma local tan solo perderon un partido e foi na cuarta xornada en outubro . E nos seus últimos partidos coma locais veñen de golear a Chiloeches, Cidade de Pontevedra e o filial do Majadahonda.

Na primeira volta o resultado fora de 0 a 2 a prol do filial do Atleti nun partido moi igualado marcado pola expulsión da local Mai e dos goles do Atleti por parte de Alba e Andrea , no minuto tres e no último respectivamente.

Será o cuarto enfrontamento entre ambos conxuntos. Todos eles con vitoria atlética, aínda que con resultados axustados. Na única visita a Navalcarnero do Fisober o resultado fora de tres a un para o filial, o gol do Fisober fora obra de Ana.

O Fisober chega despois de puntuar dúas xornadas seguidas e con gañas de seguir a xeira nesta difícil e complicada pista, nun partido no que deberá amosar a liña de traballo e xogo das últimas semanas.

Na Primeira Galicia Feminina o filial recibe o sábado día 10 a partires das 12 horas ao F.C. Meigas de Bertamiráns.

O Meigas é un conxunto cheo de xuventude que está situado na zona morna da clasificación no sexto posto.

Na primeira volta o resultado fora de nove a cero a prol do Meigas nun partido no que o filial acudira cheo de baixas e con moita xogadora en idade infantil. Os goles do Meigas foran obra de Tere en catro ocasións, Sara e Sandra en dúas e Xiana.

O filial intentará mostrar a súa mellor faciana coma o ven facendo nesta segunda volta no que está competindo a un maior nivel, mellorando as súas actuacións.

Ademais xa está en marcha o IV Campus Fisober de Semana Santa que se celebrara os días 26, 27 e 28 de Marzo nas I.D. de O Conco en Dumbría, para nenas e nenos de entre 5 e 14 anos e en horario de 10 a 13:30 horas. Do que seguiremos informando nas vindeiras semanas. Os teléfonos de contacto son : Ana : 678.321.584 e Dani : 627.366.349.

comments
f t g