Copyright 2018 - Fisober FSF

O lider de Segunda visita o Conco

Tan solo xoga o primeiro equipo do Fisober este fin de semana e os que acudan as I.D. de O Conco terán a posibilidade de desfrutar co líder da categoría e co conxunto costeiro, no que será o penúltimo partido coma local do equipo na categoría de Prata do fútbol sala feminino español.

O vindeiro sábado día 12 nas I.D. de O Conco en Dumbría a partires das 19:00 horas. Nel enfrontaranse o líder da categoría o A.D. Alcorcón B e o que a pecha o Fisober F.S.F. costeiro, dentro da 28 ª e antepenúltima xornada da Segunda División Nacional no seu grupo IV.

O filial do Alcorcón é un equipo que practica un xogo espectacular a pesares da súa xuventude. Non coñece a derrota dende a xornada 16, de feito é a única derrota de toda a tempada para as madrileñas, o que da imaxe do seu potencial.

No partido da primeira volta as madrileñas foron un ciclón e o resultado fora de dez a cero a prol das madrileñas. No que marcaran Paula en tres ocasións , Alba Casado, Tamara, Marta de Diego en dúas ocasións, Marta Nuño, Clau López e Raquel Mena.

Será o cuarto partido na historia entre ambos equipos, con unha vitoria do Fisober e dúas das madrileñas ata o momento. O único precedente na Costa fora o partido que provocara o anterior descenso do Fisober, cun cero a seis para as madrileñas aquel 11 de maio do 2015.

O Fisober intentará deixar unha boa imaxe ante os seus siareiros como o fixo a semana pasada na pista do segundo clasificado o Colmenarejo.

comments
f t g