Copyright 2019 - Fisober FSF

Comeza a Copa Primeira Galicia

Non para a competición para os equipos do Fisober xa que o filial unha vez rematada a liga inicia a Copa e o senior segue en competición.

Na Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica o Fisober visita a pista do Tui-Valença Futsal. Será o vindeiro sábado día 16 a partires das 20:30 horas no P. Novo de Tui e con Andrés Pinilla Boullosa coma colexiado designado.

Na primeira volta o resultado fora de cinco a cero para as costeiras con goles de : Kenny, Nuriña, Laura, Noe e Ana, nun partido máis igualado do que demostra o tanteador.

Pola súa banda o filial unha vez finalizada a liga xoga xa este fin de semana o seu primeiro partido de Copa de Primeira Galicia – Copa Provincial. O filial costeiro quedou encadrado no grupo B co Troula, 5 Coruña, Cruces e Pontedeume.

Xogarán este sábado o seu primeiro partido en Betanzos fronte ao Troula as 19 horas no P. Municipal.

Nos dous enfrontamentos de liga venceu o Troula, por sete a tres en Betanzos e por cero a catro en Dumbría.

comments
f t g