Copyright 2019 - Fisober FSF

Fin de semana importante para os equipos do Fisober

Fin de semana importante para os equipos do Fisober cheo de viaxes e partidos a domicilio.

Na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo viaxa a Ourense dentro da 24 ª xornada de liga. Enfrontarase ao Couto Ourense F.S. a partires das 16:30 horas do sábado día no P.M. de Os Remedios.

Pasa por ser un partido moi importante para o devir do primeiro equipo, que na primeira volta gañara por un a cero con gol de Paula Fandiño nun encontro moi igualado. Está designado Luis Mendez coma colexiado.

Na Copa da Primeira Galicia – Liga Provincial o filial visita a pista do TCA Intalaciones Pontedeume para enfrontarse no P.M. de A Casqueira ao conxunto local a partires das 16:30 horas do sábado día 30.

Nos dous enfrontamentos de liga produciuse idéntico resultado de igualada a catro co cal todo indica que o partido podería ser igualado. Será a terceira xornada neste grupo B de Copa. Está designada Alejandra Bujía como colexiada.

Pola súa banda o alevín mixto da LCFSB Costa da Morte terá dous partidos este fin de semana para pechar a competición.

O venres día 29 visita as EFB de Corcubión no Municipal de Corcubión a partires das 20:30 horas. O conxunto local é un dos perseguidores do Fisober a tan solo tres puntos deles. Na primeira volta o resultado fora de oito a catro para o Fisober con catro goles de Pablo e dous de Iago e Marta.

Tamén terán partido o luns día un de abril a partires das 19:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría enfrontándose ao Colexio Manuela Rial para pechar a competición. Na primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol do Fisober con dous goles de Marta, un de Pablo e Javi.

comments
f t g