Importantes citas esta fin de semana para o Fisober
- Detalles
- Categoría: Previas
- Published: Xoves, 04 Abril 2019 17:38
- Visitas: 216
Fin de semana con poucos partidos pero con importantes citas xa que os equipos que xogan o primeiro e o infantil teñen citas importantes para iniciar abril.
O sábado día 6 de abril a partir das 16:00 horas o Fisober recibe ao Galipizza Sport Sala Culleredo en partido das 25 ª xornada na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica. O árbitro asignado é Ignacio Rivas.
Tódolos partidos comezan a ser chave para o primeiro equipo do Fisober e o desta fin de semana será o primeiro desta difícil xeira co que finaliza a tempada. O Fisober está a sufrir unha praga de lesións e as baixas xa coñecidas de Barca, Nuriña e Noe a semana pasada uniuse a capitana Ana que non puido xogar a segunda metade no último partido e que será dúbida para esta fin de semana.
Na primeira volta o partido decantouse a prol das costeiras cun solitario gol da capitana Ana , nun partido moi igualado.
Coma o equipo filial lle toca descansar o outro equipo que terá partido será o infantil feminino con partido de Copa Galega feminina.
Na segunda xornada de Copa neste grupo A o infantil do Fisober visita Narón para enfrontarse ao Error Ferrol A Fervenza. O partido dispútase no P. Campo da Serra a partires das 17:45 horas deste sábado día 6 de abril.
No partido de liga disputado en Narón o resultado foi de un a dous a prol das costeiras.