Copyright 2019 - Fisober FSF

Protagonismo para as categorías inferiores

Fin de semana no que o protagonismo vai ser para as categorías inferiores do Fisober xa que logo o primeiro equipo non volta a competición ata fin de mes, especialmente para os equipos alevíns , o mixto e o feminino.

O equipo filial o Fisober B despois de tocarlle descansar a semana pasada xoga este sábado día 13 a partires das 19:30 nas I.D. de O Conco en Dumbría o seu partido correspondente a 5ª xornada e úlitma da primeira volta no seu grupo B da Copa de Primeira Galicia, o rival será o Cruces F.S.F. .

Será a terceira vez na que se vexan ambos equipos nesta tempada. Nas dúas anteriores venceu o Cruces, por cero a seis en Dumbría e por tres a dous no partido disputado en Cruces.

O sábado día 13 viaxará a Padrón o equipo alevín mixto para disputar o Intercomarcal da categoría alevín maculina/mixta . Despois de dar a sorpresa na competición de LCFSB Costa da Morte e levarse o título nunha competición maioritariamente masculina, pois este equipo desfrutará a experiencia de xogar contra os mellores equipos da comarca.

O Fisober disputará a súa semifinal o sábado a partires das 12:00 horas fronte as E.D.M. de Negreira no P.M. de Padrón. A outra semifinal disputarana unha hora antes C.F. Outes e as E.D.M. de Pontecesures.

O terceiro e cuarto posto será a partires das 15:30 e a final a partires das 16:30 horas nese mesmo pavillón.

Para o domingo queda a participación do alevín feminino, no que repetirán algunhas das participantes do sábado. Durante toda a xornada do domingo día 14 disputarase nas I.D. de O Conco en Dumbría a Copa Galega Promesas Alevín Feminina.

O Fisober quedou encadrado no grupo B xunto co Viaxes Amarelle e co Adarve lucense. No grupo A estarán o Futsal Morrazo, o Poio Pescamar eo Charcutería Orvi Fervenza.

O Fisober iniciará a súa participación o domingo a partires das 11:00 horas fronte ao Viaxes Amarelle. O Amarelle proclamouse campión de liga na concentración celebrada en Narón en decembro, onde gañou ao Fisober por once a un.

O Fisober xogará o seu segundo partido a partires das 17.45 horas do domingo fronte ao Adarve lucense. Tamén se enfrontaran ambos equipos en decembro en Narón co triunfo lucense por oito a un.

O campión de cada grupo enfrontarase na gran final a disputar o domingo a partires das 20:45 horas.

comments
f t g