Copyright 2019 - Fisober FSF

Os equipos do Fisober voltan a competición despois do parón de Semana Santa

Os equipos do Fisober voltan a competición despois do parón de Semana Santa.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo do Fisober inicia o seu particular Tourmalet. Xoga o vindeiro sábado día 20 a partires das 16 horas fronte ao Leis Pontevedra no P. Principe Felipe en partido correspondente a 26 ª xornada de liga e con Alejandro Ares Troitiño coma colexiado asignado.

O Fisober que segue con moitas baixas e xogadoras entre algodóns visita ao segundo clasificado. Na primeira volta o resultado fora de un a tres a prol das do Lérez. Con gol de Paula Fandiño para as costeiras e Lara en dúas ocasións e Patri para as da cidade do Lérez.

Na Copa de Primeira Galicia- Copa Provincial o filial xoga o seu partido o vindeiro mércores día 1 a partires das 18:15 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao Troula de Betanzos con Daniel Blanco coma colexiado asignado. O partido é a sexta xornada na liguiña de Copa, primeiro da segunda volta no seu grupo B.

Será a terceira vez que se enfronten ambos equipos esta tempada caendo sempre o triunfo nas botas das betanceiras con claridade.

Tamén na Copa pero na Copa Galega Infantil o infantil feminino do Fisober visita A Coruña o vindeiro sábado a partires das 16 horas para enfrontarse ao Viaxes Amarelle no P. Sagrada Familia.

En partido correspondente a cuarta xornada da liguiña de Copa no seu grupo A, primeiro da segunda volta e que terá a Miguel Puerta coma colexiado asignado. Será o cuarto enfrontamento entre ambos equipos esta tempada, nos que sempre gañou o conxunto que exerceu coma local os seus partidos.

comments
f t g