Copyright 2019 - Fisober FSF

Fin de semana chea de emoción e partidos para o Fisober

Fin de semana chea de emoción e partidos para os equipos do Fisober.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo viaxa a Vilalba para enfrontarse ao Vilalba F.S. no P.M. de Deportes de Vilalba a partires das 16 horas en partido correspondente a 28 ª xornada de liga con Yago Seijas coma colexiado asignado.

Na primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol das lucenses. Os goles costeiros foran obra de Adriana e Barca. Polo Vilalba marcaran Akira e Carolina en dúas ocasións cada unha.

O equipo filial ten partido de Copa Primeira Galicia- Copa Provincial o sábado a partires das 17:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao TCA Instalacions F.S. Pontedeume, en partido correspondente a 8 ª xornada no seu grupo B.

Será a cuarta vez que se vexan as caras ambos equipos esta tempada , con dúas igualadas e un triunfo costeiro no partido da primeira volta de Copa por un a catro. Con goles do filial costeiro de Lucía Rodríguez, Saray, Nerea e Lucía Canosa e polo Pontedeume Yaiza.

Tamén xogaran as finais provinciais os equipos infantil e alevín feminino i en ambas terá ao Viaxes Amarelle coma rival en partidos que se disputarán no P.M. de Outes.

As 11 horas xogarase a final alevín, será o terceiro enfrontamento desta tempada entre ambos conxuntos e nos anteriores gañou de forma contundente o equipo viaxeiro que acabaría sendo campión de Liga e Copa galega alevín polo tanto é o gran favorito.

As 12 horas xogarase a final infantil, será o quinto enfrontamento entre ambos equipos esta tempada con dúas vitorias para cada equipo. Gañaron sempre os locais nos seus enfrontamentos.

comments
f t g