Copyright 2018 - Fisober FSF

Fin de semana cheo de partidos para o Fisober

Fin de semana cheo de partidos para os diferentes equipos do Fisober que xogan tanto nas I.D. de O Conco como a domicilio.

Na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica e dentro da 13ª xornada de liga o vindeiro sábado día 15 a partires das 18:30 horas e nas I.D. de O Conco en Dumbría chega a Costa o Villalba F.S. .

O Villalba F.S. é un dos equipos máis en forma da competición con catro vitorias nos últimos cinco encontros o que as levou a sexta praza na táboa, o que fai ver a dificultade do equipo lucense. A semana pasada gañábanlle ao Cidade de Pontevedra por cinco a tres. Sabela Roca con doce tantos e Antía Leal con nove son os seus máximos expoñentes ofensivos e atópanse entre as máis goleadoras da categoría.

As costeiras loitaran por sacar algo positivo deste encontro , despois de xogar cos dous primeiros clasificados nas anteriores xornadas.

Na Primeira Galicia – Liga Provincial e dentro da 10 ª xornada e primeira da segunda volta o Fisober B visita o P. de Vila de Cruces para enfrontarse a partires das 17:00 horas do sábado día 15 ao Cruces F.S.F. .

Na primeira volta o Cruces gañara por cero a seis en Dumbría con goles de Clara en dúas ocasións, Begoña, Tania , Cruz e un gol en propia porta.

Na Liga Galega Infantil o equipo Infantil do Fisober visita a pista do Error Ferrol A Fervenza o vindeiro domingo a partires das 17:00 horas no P. de As Lagoas de Narón.

A Fervenza mellorou moito nas últimas semanas , con dúas vitorias nos tres últimos partidos. Na primeira volta o resultado fora de seis a dous para as costeiras, con goles de Sharay e Lucía Martínez en dúas ocasións, Saray e Lucía Canosa en unha para o Fisober e de Julia e Keira para A Fervenza.

Na LCFSB Costa da Morte o equipo alevín mixto do Fisober terá partido fronte As Baleas de Camariñas, será o vindeiro sábado día 15 a partires das 17:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría como preludio do partido do primeiro equipo do Fisober.

O Fisober conta por triunfo os seus tres partidos disputados, mentras que as Baleas solo perdeu na última xornada fronte ao Corcubión.

O futsal non descansa esta ponte de decembro

Non descansan os equipos do Fisober este ponte, cando parecía que sería tranquilo o partido do primeiro equipo, o aprazado do filial e unha concentración do alevín fan un fin de semana cheo de interese.

O primeiro equipo do Fisober ten xornada na Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica, para visitar ao líder invicto o Castro dentro da 12ª xornada. O partido dispútase o sábado día 8 a partires das 18 horas no P.M. de Castro Ribeiras de Lea.

Difícil compromiso para o primeiro equipo que sigue no seu particular Tourmalet visitando ao líder Castro que non sabe o que é perder e que ven de golear ao Cidade de Pontevedra na última xornada. Trátase ademais do equipo máis goleador da categoría, materia na que despuntan Sandra e Ana.

Pola súa banda o equipo filial aproveita o parón na súa liga para desputar o partido aprazado fronte ao Villestro. O partido corresponde a xornada oito e desputarase no Restollal santiagués o vindeiro sábado día 8 a partires das 19 horas.

O equipo da liga galega infantil non ten xornada, ao igual que o alevín mixto que xogou o seu partido o pasado luns fronte ao Villa de Cee , con triunfo por oito a un, con tres goles de Marta, dous de Javi, e un de Anxo, Pablo e Iago.

Quen si vai debutar e o alevín feminino que ten este sábado día 8 concentración en Narón da Liga Galega Promesas Alevín. Quedou encadrado no seu grupo co Viaxes Amarelle co que xogará as 13:30 e co Adarve lucense co que xogará as 17:45, todo elo no P. de As Lagoas. Primeira experiencia competitiva para as máis xóvenes dun Fisober que chegan con moitas baixas a esta cita.

Futbol sala en todas as categorías

Volven tódolos conxuntos do Fisober a competición despois de que a fin de semana pasada o infantil descansara e o filial finalmente aprazara o seu partido pola humidade en Villestro.

Na Liga Preferente Galica-Liga Autonómica dentro da undécima xornada da competición chega a Dumbría o Leis Pontevedra San Narciso o sábado a partires das 19:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Leis Pontevedra é un dos galos da categoría , segundo clasificado é un histórico de Segunda División. Tan solo perdeu e pola mínima co líder Castro do que se atopa a tres puntos.

Conta con varias das máximas goleadoras da categoría coma Bibi, Ana Fragueiro, Lara ou Alicia que entre as catro suman trinta e sete goles, todo o Fisober suma 21 por exemplo.

Na Liga Primeira Galicia-Liga Provincial dentro da novena xornada de competición chega a Dumbría o TCA Instalaciones Pontedeume o sábado a partires das 15:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O filial volta a competición despois de a semana pasada aprazarse o partido fronte o Villestro.

Na Liga Galega Infantil dentro da novena xornada de competición o equipo infantil visita Castro Ribeiras de Lea para visitar ao Castro FS. O partido será o vindeiro sábado a partires das 18:00 horas no Pavillón Municipal da citada vila.

O equipo lucense é un equipo potente que ven de igualar na última xornada fronte ao Viaxes Amarelle actual líder da competición.

Na LCFSB Costa da Morte o equipo alevín mixto presumiblemente xogará o vindeiro luns fronte ao Villa de Cee aínda que falla a confirmación definitiva, cambiaríase o orde de partidos e xogaríase en Cee.

Na segunda xornada o equipo alevín mixto gañaba a domicilio en Vimianzo por un a dous.

Sigue o futsal despois dunha finde de triunfos

Despois dun fin de semana de pleno de triunfos para os equipos do Fisober coma o anterior, este toca un con tres partidos a domicilio e co equipo infantil descansando.

Na Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica dentro da décima xornada de competición o primeiro equipo do Fisober visita ao Galipizza Sport Sala Culleredo. O partido disputarase o sábado día 24 a partires das 19:30 horas no P. Municipal de Tarrio.

O Culleredo é un conxunto recén ascendido pero con xogadoras con ampla experiencia en diferentes categorías. Onde destaca a fisterrana Rita Lema que ademais é a súa máxima goleadora. Pero tamén levan un bo puñado de goles , Marta Fra, Angela Iglesias ou Cristina.

Está asignado coma colexiado Imanol Vázquez.

Na Primeira Galicia-Liga Provincial dentro da oitava xornada de competición o equipo filial visita ao Villestro. O partido disputarase o sábado día 24 a partires das 19:30 horas no P. Municipal Carmen Estévez de Roxos.

O Villestro é un dos favoritos da categoría, ademais é o equipo máis goleador. A ex do Fisober , Carla Couso é unha das xogadoras destacadas. Conta tamén con xogadoras coma Helena, Paula, Raquel ou Eva que son das máis goleadoras da categoría.

Está asignada coma colexiada Beatriz Pazos.

Na Liga Galega Infantil tócalle de novo descansar ao equipo do Fisober que voltará a competición a vindeira semana visitando as terras lucenses do Castro.

Na LCFSB Costa da Morte o equipo alevín mixto tócalle visitar as EMF de Vimianzo pero aínda non coñecemos nin o día , nin o horario de dito partido.

Moito viaxe para o Fisober con partidos a domicilio

Fin de semana de moito viaxe para os distintos equipos do Fisober F.S.F. que xogan todos eles a domicilio.

Na Preferente Galicia- Liga Autonómica o Fisober visita a pista do Pastelería Cervela A Estrada Futsal. Será o vindeiro sábado día 10 a partires das 18 horas no P. Municipal M. Coto Ferreiro en partido correspondente a 8ª xornada de liga.

O Estrada Futsal ven de gañar na última xornada na difícil pista do Cidade de Pontevedra por un a tres, remontando na segunda metade. Atópase moi parello o Fisober con tan solo un punto menos. Conta ca máxima goleadora da categoría Natalia Mercedes Castro. Tamén destaca Lucía González na faceta goleadora.

A Estrada é un conxunto que conta con veteranas coma Mari Luz Bugallo ou Magili con ampla experiencia noutras categorías. Ademais é un conxunto que non se lles da nada ben as rapazas de Fran Toba. Na tempada 15/16 enfrontáronse dúas veces na Estrada, primeiro en Copa Xunta con catro a dous para as estradenses e logo en liga con tres a dous para as estradenses, co que o Coto Ferreiro é un feudo maldito para as costeiras.

Na Primeira Galicia- Liga Provincial o filial visita a pista do Ulla Oil Vedra F.S.F. o vindeiro sábado día 10 a partires das 20 horas no P. de Vedra en partido correspondente a xornada 6ª .

As de Vedra son un conxunto cheo de xogadoras veteranas e moi competitivo, que se atopa na parte media da clasificación e por exemplo gañaron na pista do Atletes por tres a un, conxunto co que o filial igualou a un gol a semana pasada acadando o primeiro punto da tempada. Teñen a Iria Illodo como máxima goleadora.

Na Liga Galega Infantil o Fisober desprazase a pista do Viaxes Amarelle o vindeiro domingo día 11 a partires das 12:30 para enfrontarse as herculinas no P. Sagrada Familia, dentro da 6ª xornada da categoría.

Será o primeiro partido a domicilio das costeiras e o terceiro que disputen nesta asimétrica competición na que a retirada de última hora de tres equipos fixo que as costeiras leven ata dúas semanas sen xogar.

Enfróntanse dous equipos que gañaron os seus partidos, e ambos xogaron dous ata o momento. As viaxeiras aínda non recibiron ningún gol en contra.

f t g