Copyright 2019 - Fisober FSF

Horarios cambiados para os equipos do Fisober

Fin de semana raro de horarios para os equipos do Fisober que se engloba entre a tarde –noite do venres e a mañán do sábado.

Na Liga Preferente Galicia - Liga Autonómica o Fisober xoga por segunda semana consecutiva a domicilio desta vez será o venres día 22 a partires das 21:30 horas no P.M. de Esteiro en Ferrol, fronte ao filial do A Fervenza en partido da 20 ª xornada.

Na primeira volta nun partido moi igualado o resultado fora de dous a cero para o Fisober con goles de Paula Fandiño e Mai.

Na Primeira Galicia - Liga Provincial o filial do Fisober recibe ao Villestro en partido que se disputará na mañán do sábado día 23 a partires das 13:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido da 17 ª xornada.

No partido da primeira volta o resultado foi de nove a dous a prol do Villestro. Na primeira volta marcaran a ex do Fisober , Carla en dúas ocasións, tamén en dúas ocasións Noa e Aurora e un Rocío, Paula e Raquel. Polo filial costeiro marcaran Saray e Uxía.

Na LCFSB Costa da Morte o alevín – mixto xoga o venres día 22 a partires das 18:00 horas no P.M. de Muxía fronte as E.M. C. Carnota.

Na primeira volta o resultado fora de un a oito a prol do Fisober con goles de Pablo en tres ocasións, Anxo e Javi dous e Marta un.

O infantil feminino non disputa partidos este fin de semana.

Viernes e sábado de futsal para os equipos do Fisober FSF

Volve a competición o primeiro equipo e faino xunto a outros tres equipos de inferiores e faino nuns partidos concentrados no venres e sábado.

Na liga Preferente Galicia – Liga Autonómica dentro da 19 ª xornada de liga o Fisober visita Celanova para enfrontarse ao Terra de Celanova F.S.F. o sábado día 16 a partires das 18 horas no P.M. Pedra Moa e dirixido o encontro por Stefan González Alonso.

O Celanova está a realizar unha gran tempada , estando actualmente na quinta posición. No partido disputado na primeira volta o resultado fora de igualada a cinco tantos. Para o Fisober marcaran Ana en tres ocasións, Mai e María Dumbría. Polo Celanova marcaran Belén en tres ocasións, María e un gol en propia porta.

Na Primeira Galicia – Liga Provincial dentro da 16 ª xornada de liga o filial do Fisober visita terras xalleiras para enfrontarse ao Amarelle Santa Comba o sábado día 16 a partires das 18:30 horas no P.M. Fontenla e con Iván Rey como árbitro asignado.

O Amarelle Santa Comba é un conxunto doutra categoría , líder que solo cedeu unha derrota en toda a tempada precisamente fronte ao filial, con 79 goles a favor e tan solo nove en contra. Ademais o triunfo faría campionas matemátias as de Santa Comba a falta de dúas xornadas. No conxunto xalleiro militan ata catro ex do Fisober como son Nuria, Elsa, Alba Cambeiro e Andrea. Na primeira volta o resultado fora de dous a un para o filial con goles de Paula Fandiño e Nuriña para o filial e da costeira Carla para o conxunto xalleiro.

Na Liga Galega Infantil e dentro da 16 ª xornada de liga o Fisober recibe a visita do Poio o venres día 15 no Augusto César Lendoiro de Corcubión a partires das 20:15 horas con Rodrigo Varela Mejide como colexiado asignado.

O Poio ven na cuarta posición da clasificación e é un conxunto que practica un gran xogo. Na primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol das costeiras nun partido moi igualado que se decidiu nos últimos minutos. Polas costeiras marcaran Lucía Canosa en dúas ocasións, Sharay e Uxía e polo Poio foran Andrea e Adriana.

Na LCFSB Costa da Morte o equipo alevín mixto recibe a visita do Villa de Cee tamén o venres a partires das 18 horas no P.M. de Muxía. Na primeira volta o resultado fora de 8 a 1 a prol do Fisober con goles de Marta en tres ocasións, Javi dous, Anxo, Iago e Pablo.

Fin de semana sen o primeiro equipo

Fin de semana na que non xoga o primeiro equipo pero si o fan o filial, infantil e alevín.

Na Primeira Galicia-Liga Provincial o filial recibe a visita do Ulla Oil Vedra F.S.F. nas I.D. de O Conco en Dumbría o sábado día 9 a partires das 16 horas, dentro da 15 ª xornada de liga e con Daniel Blanco coma colexiado asignado.

No enfrontamento da primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol das costeiras nun partido igualado que se dilucidou nos últimos minutos. Saray, Kenny, Paula Fandiño e Sharay marcaron para as costeiras e Vero por partida dobre para as de Vedra.

Na Liga Galega Infantil o infantil feminino recibe ao Viaxes Amarelle o vindeiro domingo a partires das 12:45 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido correspondente a 15 ª xornada de liga con Marcos Pérez coma colexiado designado.

Na primeira volta o resultado fora de oito a tres a prol das viaxeiras . Polas costeiras marcaran Alejandra, Saray e Uxía. Polas viaxeiras foran Carla e Sabela dous, Claudia, Lucía Yu e dous goles en propia porta.

Pola súa banda na LCFSB Costa da Morte o alevín xoga o venres día 8 a partires das 19 horas no P.M. de Muxía fronte ao E.M.F. Vimianzo. Na primeira volta o resultado fora de un a dous a prol do Fisober, con goles de Javi e Pablo.

O alevín xa xogou o luns o seu partido fronte as E.M. Fisterra gañando en Fisterra por cero a catro con tres goles de Pablo e un de Iago.

O Fisober prepara unha fin de semana a partido por día

Fin de semana que chega a partido por día para os equipos do Fisober, de venres a luns teremos un partido dun equipo do Fisober.

Na Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo arranca este venres día 1 a partires das 21:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido correspondente a 18 ª xornada da competición enfróntanse o conxunto local e o Cidade de Pontevedra con Francisco Pena Torreira como colexiado designado.

Ambos conxuntos son uns vellos coñecidos xa que levan coincidindo na mesma liga as últimas catro tempadas, tanto en Autonómica coma en Segunda Nacional a onde ascenderon e descenderon xuntos cada ano.

O Cidade é unha pequena besta negra para as costeiras. Xa que o Fisober tan solo foi quen de gañar unha vez e empatar outras , o resto foron triunfos das da cidade do Lérez. Na primeira volta o resultado foi de catro a dous para o Cidade , con goles pontevedreses obra de : Nair en dúas ocasións, Heba e Allyson, mentres que para o Fisober marcou Ana en dúas ocasións.

Na Primeira Galicia – Liga Provincial o filial ten derbi costeiro fronte ao Atletes en Esteiro. En partido correspondente a 14ª de liga que se disputará o vindeiro sábado día 2 a partires das 19 horas no P.M. de Esteiro con Ignacio Rivas Pereira como colexiado designado.

Na primeira volta o resultado foi de igualada a un tantos con goles de Lucía Canosa para o filial do Fisober e Laura Sanvicente para o Atletes.

O equipo infantil mixto terá a Fase Final da LCFSB Costa da Morte o vindeiro domingo día 3 nas I.D. de O Conco en Dumbría. En formato de Final a Catro.

Na primeira semifinal a partires das 17:00 horas enfrontaranse As Baleas e o Colexio Manuela Rial. Na segunda semifinal a partires das 18:00 horas será o turno para o Fisober e o Villa de Cee. Os gañadores de cada semifinal enfrontaranse na final a partires das 19:00 dese mesmo domingo.

E para o luns e para finalizar este longo fin de semana queda o equipo alevín mixto. Que se enfronta ao Concello de Fisterra dentro da LCFSB Costa da Morte en categoría alevín. Será o luns a partires das 19 horas para dar comezo a segunda volta.

Na primeira volta o resultado fora de cinco a tres para o Fisober con tres goles de Pablo e dous de Iago.

O alevín finalizou o luns a primeira volta gañando por dous a catro ao Manuela Rial con dous goles de Marta e un de Pablo e Javi. Remataron coma colíderes xunto coas Baleas e perseguidos precisamente polo Fisterra en terceira posición.

Baixa o ritmo de equipos xogando esta fin de semana

Despois da tolemia de partidos dos equipos do Fisober este fin de semana baixa un pouco o ritmo de equipos, pero aínda así tres conxuntos estarán en competición. 

Na Prefrente Galicia – Liga Autonómica e dentro da 17ª xornada da competición  o primeiro equipo do Fisober visita ao filial do Viaxes Amarelle o domingo día 27 a partires das 11:30 horas no P. da Sagrada Familia coruñés. 

Na primeira volta o triunfo caeu para o conxunto herculino dirixido pola costeira María Bardanca por cero a dous con goles de María e Mónica. 

Podería darse tamén a curiosidade de que as costeiras se enfrontaran a unha ex como Inés que na última semana coma local xogou tamén co equipo filial herculino anotando o gol que lles deu un punto. Outra costeira coma Carla tamén aparece habitualmente nas convocatorias do filial viaxeiro. 

Na Primeira Galicia- Liga Provincial e dentro da 13ª xornada da competición o filial do Fisober recibe nas I.D. de O Conco en Dumbría o sábado día 26 a partires das 17 horas ao Troula de Betanzos. 

Na primeira volta as costeiras caeron por un sete a tres aínda que fixeran un gran partido cun conxunto cheo de infantiles. Os goles foran obra para o Troula de : Andrea en dúas ocasións, Mayra, Olalla, Noelia, Ana e Silvia e para as costeiras : Uxía, Lucía Canosa e Saray. Está designada Beatriz Pazos Ferreiro para dirixir o partido. 

Para o luns quedara o partido do alevín mixto da LCFSB Costa da Morte que visitará a pista do Manuela Rial a partires das 19 horas, en partido correspondente a novena xornada e última da primeira volta. 

f t g