Fin de semana de non parar para os equipos do Fisober
- Detalles
- Categoría: Previas
- Published: Xoves, 17 Xaneiro 2019 12:34
- Visitas: 214
Fin de semana de non parar para os equipos do Fisober cheo de partidos dende o venres ata o domingo e incluso cun xa disputado este mércores.
Na Preferente Galicia – Liga Autonómica dispútase o sábado día 19 de xaneiro as 19 horas no P.M. de Cee dentro da 16 ª xornada de liga e primeira da segunda volta o partido entre o Fisober e o Bembrive F.S..
O Bembrive é o terceiro clasificado de liga e tan solo perdeu tres partidos no que vai de tempada. A semana pasada goleaba a domicilio ao Cidade de Pontevedra por un a catro. Na primeira volta o resultado foi de dous a cero a prol das olívicas con goles de Antía Ribeiro e Laura. Resulta curioso que o último enfrontamento entre ambas escadras co Fisober coma local tamén fora en Cee e terminara con cero a dous a prol das olívicas.
Na Primeira Galicia – Liga Provincial o filial do Fisober visita o sábado día 19 a partires das 18 horas ao Melide F.S.F. no P.M. de Melide en partido correspondente a 12 ª xornada de liga.
O Melide é o quinto clasificado de liga e a semana pasada caía por un a cero fronte a un dos cocos da categoría como é o Villestro. Na primeira volta o resultado fora de un a cinco a prol do Melide. Con gol de Lucía Canosa para as costeiras e de Elvira i Elisa en dúas ocasións e María polo Melide.
Na Liga Galega Infantil Feminina e dentro da 12 ª xornada de liga volta a competición o equipo infantil despois de tantas semanas de parón. O infantil desprazase a Lugo para enfrontarse o domingo día 20 a partires das 18 horas no P. Centro Deportivo Terra no Ceao ao C.D. Adarve Lugo.
Na primeira volta o resultado fora de once a cinco a prol das costeiras con Lucía Canosa con catro goles, Saray e Lucía Martínez con dous e Sharay, Uxía e Laura con un, mentras que polo Adarve fixérono Alba con tres, Lucía e Karem con un.
Tamén o domingo día 20 entra en escena un novo equipo como é o infantil mixto da LCFSB Costa da Morte que terá concentración no P.M. de Carnota. Enfrontarase a partires das 17:30 as E.F.C. Carnota e as 18:30 ao Manuela Rial. Os dous primeiros clasificados pasan a seguinte fase do Comarcal.
Por último aínda que serán os primeiros en participar o equipo alevín mixto da LCFSB Costa da Morte terá partido o vindeiro venres día 18 a partires das 19 horas no P.M. de Muxía para enfrontarse as E.F.B. Corcubión en partido aprazado. Por certo este mércores xa disputaron o seu partido fronte ao Camariñas gañando por un a cinco en Camariñas con tres goles de Pablo, e un de Iago e Javi.