Copyright 2019 - Fisober FSF

Futbol sala en todas as categorías

Volven tódolos conxuntos do Fisober a competición despois de que a fin de semana pasada o infantil descansara e o filial finalmente aprazara o seu partido pola humidade en Villestro.

Na Liga Preferente Galica-Liga Autonómica dentro da undécima xornada da competición chega a Dumbría o Leis Pontevedra San Narciso o sábado a partires das 19:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Leis Pontevedra é un dos galos da categoría , segundo clasificado é un histórico de Segunda División. Tan solo perdeu e pola mínima co líder Castro do que se atopa a tres puntos.

Conta con varias das máximas goleadoras da categoría coma Bibi, Ana Fragueiro, Lara ou Alicia que entre as catro suman trinta e sete goles, todo o Fisober suma 21 por exemplo.

Na Liga Primeira Galicia-Liga Provincial dentro da novena xornada de competición chega a Dumbría o TCA Instalaciones Pontedeume o sábado a partires das 15:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O filial volta a competición despois de a semana pasada aprazarse o partido fronte o Villestro.

Na Liga Galega Infantil dentro da novena xornada de competición o equipo infantil visita Castro Ribeiras de Lea para visitar ao Castro FS. O partido será o vindeiro sábado a partires das 18:00 horas no Pavillón Municipal da citada vila.

O equipo lucense é un equipo potente que ven de igualar na última xornada fronte ao Viaxes Amarelle actual líder da competición.

Na LCFSB Costa da Morte o equipo alevín mixto presumiblemente xogará o vindeiro luns fronte ao Villa de Cee aínda que falla a confirmación definitiva, cambiaríase o orde de partidos e xogaríase en Cee.

Na segunda xornada o equipo alevín mixto gañaba a domicilio en Vimianzo por un a dous.

Sigue o futsal despois dunha finde de triunfos

Despois dun fin de semana de pleno de triunfos para os equipos do Fisober coma o anterior, este toca un con tres partidos a domicilio e co equipo infantil descansando.

Na Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica dentro da décima xornada de competición o primeiro equipo do Fisober visita ao Galipizza Sport Sala Culleredo. O partido disputarase o sábado día 24 a partires das 19:30 horas no P. Municipal de Tarrio.

O Culleredo é un conxunto recén ascendido pero con xogadoras con ampla experiencia en diferentes categorías. Onde destaca a fisterrana Rita Lema que ademais é a súa máxima goleadora. Pero tamén levan un bo puñado de goles , Marta Fra, Angela Iglesias ou Cristina.

Está asignado coma colexiado Imanol Vázquez.

Na Primeira Galicia-Liga Provincial dentro da oitava xornada de competición o equipo filial visita ao Villestro. O partido disputarase o sábado día 24 a partires das 19:30 horas no P. Municipal Carmen Estévez de Roxos.

O Villestro é un dos favoritos da categoría, ademais é o equipo máis goleador. A ex do Fisober , Carla Couso é unha das xogadoras destacadas. Conta tamén con xogadoras coma Helena, Paula, Raquel ou Eva que son das máis goleadoras da categoría.

Está asignada coma colexiada Beatriz Pazos.

Na Liga Galega Infantil tócalle de novo descansar ao equipo do Fisober que voltará a competición a vindeira semana visitando as terras lucenses do Castro.

Na LCFSB Costa da Morte o equipo alevín mixto tócalle visitar as EMF de Vimianzo pero aínda non coñecemos nin o día , nin o horario de dito partido.

Moito viaxe para o Fisober con partidos a domicilio

Fin de semana de moito viaxe para os distintos equipos do Fisober F.S.F. que xogan todos eles a domicilio.

Na Preferente Galicia- Liga Autonómica o Fisober visita a pista do Pastelería Cervela A Estrada Futsal. Será o vindeiro sábado día 10 a partires das 18 horas no P. Municipal M. Coto Ferreiro en partido correspondente a 8ª xornada de liga.

O Estrada Futsal ven de gañar na última xornada na difícil pista do Cidade de Pontevedra por un a tres, remontando na segunda metade. Atópase moi parello o Fisober con tan solo un punto menos. Conta ca máxima goleadora da categoría Natalia Mercedes Castro. Tamén destaca Lucía González na faceta goleadora.

A Estrada é un conxunto que conta con veteranas coma Mari Luz Bugallo ou Magili con ampla experiencia noutras categorías. Ademais é un conxunto que non se lles da nada ben as rapazas de Fran Toba. Na tempada 15/16 enfrontáronse dúas veces na Estrada, primeiro en Copa Xunta con catro a dous para as estradenses e logo en liga con tres a dous para as estradenses, co que o Coto Ferreiro é un feudo maldito para as costeiras.

Na Primeira Galicia- Liga Provincial o filial visita a pista do Ulla Oil Vedra F.S.F. o vindeiro sábado día 10 a partires das 20 horas no P. de Vedra en partido correspondente a xornada 6ª .

As de Vedra son un conxunto cheo de xogadoras veteranas e moi competitivo, que se atopa na parte media da clasificación e por exemplo gañaron na pista do Atletes por tres a un, conxunto co que o filial igualou a un gol a semana pasada acadando o primeiro punto da tempada. Teñen a Iria Illodo como máxima goleadora.

Na Liga Galega Infantil o Fisober desprazase a pista do Viaxes Amarelle o vindeiro domingo día 11 a partires das 12:30 para enfrontarse as herculinas no P. Sagrada Familia, dentro da 6ª xornada da categoría.

Será o primeiro partido a domicilio das costeiras e o terceiro que disputen nesta asimétrica competición na que a retirada de última hora de tres equipos fixo que as costeiras leven ata dúas semanas sen xogar.

Enfróntanse dous equipos que gañaron os seus partidos, e ambos xogaron dous ata o momento. As viaxeiras aínda non recibiron ningún gol en contra.

Tanto o primeiro equipo coma o filial xogan coma locais

Este fin de semana toca sábado no Conco, xa que tanto o primeiro equipo coma o filial xogan coma locais nas I.D. de O Conco en Dumbría, mentras que o infantil volta a descansar.

Na Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica o Fisober F.S.F. recibe ao Tui Valença Futsal o sábado día 3 de Novembro as 19:00 horas nas I.D. de O Conco. O árbitro asignado para este partido da sétima xornada de liga será Marcos Pérez Rodríguez.

O Tui Valença é un equipo novo na categoría co cal non se sabe co que se vai atopar o equipo costeiro. Sofía Rodríguez e Diana Mendes son as súas máximas goleadoras polo momento.

Pola súa banda as costeiras chegan despois de tres xornadas sumando consecutivas e queren continuar coa súa xeira positiva unha semana máis.

Na Primeira Galicia – Liga Provincial o filial do Fisober enfróntase a A.D. Atletes tamén nas I.D. de O Conco en Dumbría a partires das 17 horas. O árbitro asignado para este partido da quinta xornada de liga será Marcos Pérez Rodríguez.

O partido é un derbi polo tanto todo pode pasar, aínda que o xoven conxunto do Fisober está a pagar a novatada. O Atletes ten a Laura Sanvicente como máxima goleadora.

Pola súa banda o equipo infantil voltará a descansar pola retirada do Morrazo na Liga Galega Infantil.

Fin de semana a domicilio

Tócalle un fin de semana a domicilio aos equipos do Fisober e no que o infantil descansará debido a retirada de última hora do ABC vigués.

Na Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica o Fisober F.S.F. visita a pista do F.C. Meigas en Bertamiráns. Será o sábado día 27 a partires das 16:15 horas no P. Muncipal de Bertamiráns en partido correspondente a sexta xornada de liga.

Ambos conxuntos coñecense moi ben , conxuntos no que a xuventude é o motor principal. As de Bertamiráns son novatas na categoría pero son moi fortes coma locais.

Na pretempada os dous equipos enfrontáronse en dúas ocasións, gañando sempre o local. En Dumbría por cinco a un o Fisober. Nos arrabaldos de Santiago o Meigas por dous a un. Polo que se espera un partido moi igualado. Incluso Nuriña chegou a xogar cedida no Meigas fai dúas campañas co que coñece a gran parte do plantel, o igual que Mai que no seu día tamén vestiu a camisola do Meigas.

Destacan Yaiza con catro goles e Tere con dous como os seus puñais ofensivos.

Pola súa banda o filial visita a difícil pista do Troula en Betanzos na Primeira Galicia-Liga Provincial. Será tamén o sábado día 27 a partires das 19:30 horas no Municipal de Betanzos en partido correspondente a cuarta xornada de liga.

As betanceiras aínda que perderon dous partidos foi contra dous dos máximos favoritos da categoría, fronte ao Amarelle Santa Comba pola mínima e nos últimos segundos e tamén fronte ao potente Villestro. A súa principal goleadora a día de hoxe é Olalla Vilela.

As costeiras seguen a adaptarse a categoría, collendo minutos nunha categoría senior a pesar da súa xuventude.

O equipo infantil non terá xornada pola retirada do ABC vigués.

f t g