Copyright 2019 - Fisober FSF

Futsal despois do parón

Despois do parón da pasada semana volve a competición o Fisober F.S.F. e volta cun triple enfrontamento coma local, co cal toca unha axenda apretada nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O primeiro equipo ten partido da Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica correspondente a quinta xornada de liga, será o domingo día 21 a partires das 11:30 horas nas I.D. de O Conco fronte ao Ortegal Oil-Fervenza B.

Chega a Dumbría o filial do conxunto da Segunda División o Fervenza. Chegan despois de dúas igualadas consecutivas antes do parón da última semana. Veñen de igualar fronte ao Viaxes Amarelle B e o Cidade de Pontevedra o que as fai un rival moi compricado e que chega nunha boa xeira.

O Fisober chegou ao parón despois da igualada fronte ao Terra de Celanova, co que a mañá de domingo explicará o momento de ambos equipos.

O equipo filial tamén ten partido coma local na Primeira Galicia-Liga Provincial correspondente a terceira xornada de liga, será o sábado día 20 a partires das 13 horas nas I.D. de O Conco fronte ao Melide F.S.F. .

O Melide é un conxunto potente e cheo de xuventude, na última xornada ven de igualar ante un dos favoritos da competición como é o Villestro. O filial caía no último encontro fronte ao 5 Coruña.

O equipo infantil coma os outros dous equipos ten partido coma local na Liga Galega correspondente a terceira xornada de liga, será o domingo día 21 a partires das 13:15 horas nas I.D. de O Conco fronte ao CD Adarve Lugo.

As lucenses veñen de caer fronte ao Viaxes Amarelle na última xornada e o conxunto costeiro gañaba fai dúas ao Fervenza, xa que o retirarse dous equipos a última hora queda un calendario no que van a ser normais os descansos.

Turno para as máis cativas

Este fin de semana entra en liza un terceiro equipo do Fisober F.S.F. que será o Infantil de Liga Galega co que o club costeiro xa terá tres equipos sobre as pistas.

Na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo recibe o sábado día 6 a partires das 16 horas nas I.D. de O Conco ao Terra de Celanova F.S.F. . Partido para o que está designado o colexiado Pablo Bouzas.

As costeiras buscan os seus primeiros puntos despois de tres derrotas por resultados moi axustados e nos que mereceron gol, pero nos que pagaron a súa falla de gol.

Pola súa banda o Celanova é un conxunto que comezou moi forte, chega con seis puntos despois de dúas vitorias ante Culleredo e Cidade de Pontevedra , precisamente o último rival do Fisober, e caer pola mínima ante o potente Leis Pontevedra por dous a tres. Un conxunto o Celanova no que destaca unha vella coñecida das costeiras como é Vane Domonte, a ex de Carballiño ou Amoeiro entre outros , sempre molla ante as costeiras polo que será unha xogadora a seguir. Ademais as visitantes son un equipo moi intenso e difícil de batir como amosan os seus resultados.

Na Primeira Galicia – Liga Provincial o filial visita ao 5 Coruña tamén na tarde do sábado día 6 a partires das 19 horas no Mpal Novo Mesoiro.

O filial visita unha difícil pista dun equipo con xogadoras con moita experiencia. Ambos equipos caían na primeira xornada o filial coma local ante o Cruces e o 5 Coruña na difícil pista do Villestro.

Pola súa banda queda para o domingo día 7 o debut na competición do equipo de Liga Galega Infantil a partires das 12:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría para enfrontarse ao Error Ferrol A Fervenza. O partido ten designado ao colexiado Ignacio Rivas.

O equipo ferrolá sempre é un dos favoritos da competición polo seu gran traballo de canteira. Para as costeiras será o debut na competición e para algunha o debut ca camisola do Fisober.

 

Comeza a liga para o filial

A partires deste fin de semana comezan a competición máis equipos do Fisober F.S.F., tocándolle desta vez o equipo filial o Fisober B que participará na Primeira Galicia- Liga Provincial, ademais o primeiro equipo visitará a cidade do Lérez.

Dentro da terceira xornada da Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica o Fisober visitará ao Cidade de Pontevedra en partido que se disputará o vindeiro sábado no P. Principe Felipe da cidade do Lérez a partires das 19 horas.

O Cidade de Pontevedra ao igual co Fisober é un dos descendidos da categoría de Prata do fútbol sala feminino español.

Nos dous partidos disputados conta cunha igualada a cero ante o filial do Viaxes Amarelle e a pasada semana unha derrota pola mínima ante o Terra de Celanova, a súa goleadora foi Heba.

O Cidade é un equipo que nas últimas tempadas se enfrontou con asiduidade ao conxunto costeiro xa que coincidiron nas diferentes ligas. É un equipo que non se lle da demasiado ben as costeiras, as últimas visitas a Pontevedra acabaron con vitoria local , cun nove a tres a tempada pasada, e catro a un tamén para as pontevedresas na tempada 16/17, hai que remontarse a tempada 15/16 tamén en Liga Autonómica para atopar un triunfo costeiro en Pontevedra, un triunfo que a postre fora chave no ascenso do Fisober.

As costeiras buscan os primeiros puntos nunha pista difícil, e tamén buscan os primeiros goles , que está sendo o seu gran handicap neste inicio de tempada.

Este sábado tamén inicia a tempada o equipo filial o Fisober B na Primeira Galicia-Liga Provincial na que será a primeira xornada desta liga.

O xoven equipo costeiro inicia a liga ante o Cruces F.S.F. nun partido que se disputa nas I.D. de O Conco en Dumbría tamén o sábado a partires das 17:30 horas. Con Beatriz Pazos Ferreiro como árbitro asignada.

Nun partido que ao ser o primeiro da tempada é un interrogante como chegarán ambos conxuntos. No partido da tempada pasada o resultado fora de tres a un a prol das costeiras, pero está tempada hai moitas caras novas e xuventude no filial costeiro.

Segunda xornada de Liga Autonómica

Este fin de semana temos de novo partido para o Fisober , disputase a segunda xornada dentro da Liga Preferente Galicia FS – Liga Autonómica.

O partido disputarase o vindeiro venres día 21 nas I.D. de O Conco en Dumbría, a partires das 22:15 en inusual horario nocturno, e o rival será o Viaxes Amarelle B.

As viaxeiras veñen de igualar na primeira xornada coma locais fronte a un dos favoritos da categoría como é o Cidade de Pontevedra, un recén descendido e foron dirixidas por Chema Aranda nesta primeira xornada. O resultado nesta primeira xornada foi de igualada a cero tantos.

O conxunto local o Fisober caia por dous goles a cero na súa visita a pista olívica de Bembrive na primeira xornada.

As costeiras con moitas xogadoras entre algodóns esperaran ata última hora para ver se poden recuperar a algunha das compoñentes do seu conxunto que están lesionadas, de non ser posible pois terán máis importancia as xogadoras de categorías inferiores.

Ambos conxuntos buscarán os primeiros puntos da tempada.

Comeza a Liga!

Volta a competición o Fisober e faino na primeira xornada da Liga Preferente Galicia Feminina, a outrora chamada Autonómica Feminina, o que ven a ser a máxima competición do fútbol sala feminino galego.

Será o sábado día 15 a partires das 16 horas no P. Municipal de Bembrive, para enfrontarse as locais do Bembrive F.S. .

A visita a pista viguesa é sempre un inferno para as costeiras, que nunca conseguiron sacar nada positivo nos enfrontamentos contra o primeiro equipo vigués. A última visita consta da tempada 15/16 con vitoria para as viguesas por catro a un. De feito esa tempada que a postre foi a da volta a competición nacional para o Fisober o Bembrive foi o único equipo contra o que non foi quen de puntuar o que da fe da dificultade da visita.

As costeiras voltan a competición autonómica despois de que as dúas últimas tempadas xogaran na categoría de Prata do fútbol sala feminino nacional.

Unha tempada na que a canteira e a xuventude toman protagonismo no Fisober, xa que as rapazas de inferiores serán importantes esta tempada.

O equipo da parroquia viguesa sole ter moitas xogadoras da canteira tamén e anda sempre polos postos altos da categoría autonómica o que fará interesante o comezo de curso para ambos conxuntos.

f t g