Copyright 2019 - Fisober FSF

Derbi en Segunda Nacional

Fin de semana onde solo xogará o primeiro equipo e terá derbi o domingo pola mañán.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da 24 ª xornada de liga o Fisober recibe o domingo día 15 nas I.D. de O Conco ao Cidade de Pontevedra.

O do domingo será un derbi na zona baixa da clasificación non que os dous equipos buscan escapar do posto de colista.

Son dous equipos que se coñecen bastante dos últimos tempos. Na primeira volta a vitoria fora rotunda para as da cidade do Lérez por nove a tres. Polo Cidade marcaran :Sandra, Irene, Heba e Carmen en dúas ocasións e Rebeca. Polas costeiras Bárbara, Carla, Taibo.

Nos dous precedentes do Fisober fronte ao Cidade na casa das costeiras, unha vitoria do Cidade e unha igualada a pasada tempada.

Ningún dos dous equipos chega no seu mellor momento de resultados , pero ambos equipos veñen de dar a cara fronte ao San Fernando as costeiras e o Viaxes Amarelle as pontevedresas.

Xornada de descanso para o Fisober B e o equipo Infantil nas súas respectivas Copas.

Volven os equipos do Fisober F.S.F. a competición

Despois do parón de Semana Santa, do Campus, das seleccións, volven os equipos do Fisober F.S.F. a competición.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da 23ª xornada o Fisober recibe a visita do madrileño C.F.S. Femenino San Fernando. O partido será o vindeiro sábado día 7 a partires das 17:30 horas nas I.D. de O Conco.

Tan solo hai un precedente deste encontro e foi o partido da primeira volta co resultado igualada a un tanto. O gol das costeiras foi obra de Ainho mentras que para as madrileñas fixerao Sofía Valero.

As costeiras buscan o primeiro triunfo coma locais e buscar a mellor clasificación posible antes do fin de tempada.

O San Fernando , sétimo clasificado leva sete xornadas sen coñecer a derrota , a última foi na primeira xornada deste 2018 o que as fai un equipo moi perigoso en un gran momento.

Na Primeira Galicia feminina o equipo filial visita ao Ulla Oil Vedra F.S.F. na 22ª xornada e última de liga. O partido disputarase no P. de Vedra o vindeiro venres día 6 as 21 horas.

Na primeira volta o resultado fora de 3 a 2 a prol do filial con goles de Uxía , Serena e María de Dumbría, polo Vedra marcara Vanesa os dous goles.

A sorte quixo que o vindeiro día 22 se volvan enfrontar dentro da primeira xornada de Copa dentro do grupo B.

O equipo infantil inicia a súa participación en Copa dentro do grupo B enfrontándose ao Poio, no que comparten grupo co Meigas e o Talleres Vigo, nunha competición a unha sola volta. O partido será o vindeiro sábado día 7 a partires das 19:30 horas nas I.D. de O Conco.

O Poio é o actual campión da liga galega, e gañou nos dous enfrontamentos co equipo infantil desta tempada. Por 9 a 1 en Poio con gol de Larita e por 1 a 2 en Dumbría con gol de Uxía.

Xornada clave para o primeiro equipo

Xornada chave para o primeiro equipo e con dobre enfrontamento para o filial este fin de semana.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV o primeiro equipo do Fisober visita ao Majadahonda FS que actualmente é o equipo que marca a salvación. O partido disputarase o vindeiro domingo día 25 a partires das 13 horas no P.M. La Granadilla.

O Majadahonda ven de golear a outro dos equipos da zona baixa como é o Cidade de Pontevedra no seu último partido coma local e a semana pasada caía na pista do San Fernando.

Na primeira volta o resultado fora de igualada a dous tantos no partido disputado en Dumbría. Paula Fandiño e Carla fixeran os goles costeiros e Peque os dous das madrileñas nun partido marcado pola igualdade.

O equipo que controle mellor os seus nervios e aproveite as oportunidades terá moito traballo feito neste importante partido para ambos.

Na Primeira Galicia feminina o equipo filial terá dobre enfrontamento. O partido aviado da semana pasada correspondente a xornada 20 ª fronte ao Cruces F.S.F que se disputará o venres día 23 a partires das 22 horas no P. Vila de Cruces do que xa falamos na previa da anterior xornada.

E o correspondente a esta 21ª xornada fronte a A.D. Atletes de Esteiro que se disputará o sábado día 24 a partires das 16 horas nas I.D. de O Conco.

Na primeira volta golearan as de Esteiro por un rotundo doce a dous. Polo filial marcara Serena os dous goles , mentras que polas de Esteiro foran Antía e Laura en tres ocasións, Martina en dúas, e Leti, Cris, María e Ainoa en unha. Ademais o Atletes reforzouse a inicio de ano ca ex do Fisober a local Bárbara.

O equipo infantil de Liga Galega tócalle descansar esta última xornada co cal a súa competición finalizou ca vitoria da semana pasada fronte ao Adarve. Voltará a competición pasada Semana Santa ca Copa Galega.

Comezan os partidos vitais

Importante fin de semana o que afronta o Fisober F.S.F. sobre todo o primeiro equipo xa que os partidos coma local empezan a ser vitais entrando nunha fase decisiva da tempada.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV e dentro da 21 ª xornada o Fisober recibe ao Unión Tres Cantos madrileño. Será o vindeiro sábado día 17 a partires das 18:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Tan solo temos un precedente deste enfrontamento e foi o da primeira volta co resultado de tres a dous a prol das costeiras. Polo Fisober marcaran Bárbara, Paula Fandiño e Ainho, namentras que polas madrileñas foran Vane e Marta.

De feito dende aquela as madrileñas trocaron de adestrador e neste momento atópanse na zona morna da clasificación. Sumando dúas vitorias nas tres últimas xornadas. Veñen de gañar a dous equipos da parte baixa da táboa coma son Cidade de Pontevedra e Majadahonda.

Traballo, esforzo, concentración deberán ser as chaves si as costeiras queren acadar a súa primeira vitoria da tempada coma locais, para seguir loitando polo difícil reto da salvación.

Na Primeira Galicia feminina e tamén o sábado 17 as 18:30 horas o equipo filial visita o P. Vila de Cruces para enfrontarse ao Cruces F.S.F. en partido pertencente a 20 ª xornada.

Na primeira volta o resultado fora de tres a un a prol do filial con dous goles de María de Dumbría e un de Myre, marcando Lucía polo Cruces. O Cruces ven de golear ao Pontedeume no seu último partido coma local.

Na Liga Galega Infantil o Fisober xoga o sábado 17 como previa do partido do primeiro equipo, a partires das 16 horas nas I.D. de O Conco de Dumbría fronte ao Prone Lugo Adarve dentro da 17ª xornada de Liga que será a última para as infantiles xa que descansan na última xornada.

Na primeira volta o resultado foi de 0 a 3 para as costeiras con goles de Sharay, Larita e Uxía.

Futsal e campus en marzo

Fin de semana no que compiten o equipo de Segunda División Nacional e o filial e tamén xa está en marcha o IV Campus Fisober de Semana Santa.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV e dentro da 20 ª xornada o Fisober visita na mañán do domingo día 11 a partires das 12 horas ao Atleti B no P. “ La Estación” de Navalcarnero.

O filial do Atlético é un dos equipos máis potentes da categoría, quinto clasificado, moi forte sobre todo coma local onde sole contar con xogadoras que van con frecuencia convocadas co primeiro equipo. De feito coma local tan solo perderon un partido e foi na cuarta xornada en outubro . E nos seus últimos partidos coma locais veñen de golear a Chiloeches, Cidade de Pontevedra e o filial do Majadahonda.

Na primeira volta o resultado fora de 0 a 2 a prol do filial do Atleti nun partido moi igualado marcado pola expulsión da local Mai e dos goles do Atleti por parte de Alba e Andrea , no minuto tres e no último respectivamente.

Será o cuarto enfrontamento entre ambos conxuntos. Todos eles con vitoria atlética, aínda que con resultados axustados. Na única visita a Navalcarnero do Fisober o resultado fora de tres a un para o filial, o gol do Fisober fora obra de Ana.

O Fisober chega despois de puntuar dúas xornadas seguidas e con gañas de seguir a xeira nesta difícil e complicada pista, nun partido no que deberá amosar a liña de traballo e xogo das últimas semanas.

Na Primeira Galicia Feminina o filial recibe o sábado día 10 a partires das 12 horas ao F.C. Meigas de Bertamiráns.

O Meigas é un conxunto cheo de xuventude que está situado na zona morna da clasificación no sexto posto.

Na primeira volta o resultado fora de nove a cero a prol do Meigas nun partido no que o filial acudira cheo de baixas e con moita xogadora en idade infantil. Os goles do Meigas foran obra de Tere en catro ocasións, Sara e Sandra en dúas e Xiana.

O filial intentará mostrar a súa mellor faciana coma o ven facendo nesta segunda volta no que está competindo a un maior nivel, mellorando as súas actuacións.

Ademais xa está en marcha o IV Campus Fisober de Semana Santa que se celebrara os días 26, 27 e 28 de Marzo nas I.D. de O Conco en Dumbría, para nenas e nenos de entre 5 e 14 anos e en horario de 10 a 13:30 horas. Do que seguiremos informando nas vindeiras semanas. Os teléfonos de contacto son : Ana : 678.321.584 e Dani : 627.366.349.

f t g