Copyright 2019 - Fisober FSF

Sabado e domingo de futsal

Volta a competición para o primeiro equipo e para o infantil do Fisober F.S.F. mentras que o filial que non descansou a pasada semana sigue en competición.

Na Segunda División Nacional o Fisober F.S.F. volve a competición despois do parón da semana pasada polas seleccións e volve cun partido fronte ao C.D. E. Mora F.S. toledano.

Enfrontaranse ambos conxuntos o vindeiro domingo día 4 de marzo nas I.D. de O Conco en Dumbría a partires das 12 horas en partido correspondente a 19ª xornada de liga na Segunda División Nacional no seu grupo IV.

O Mora fuxiu nas últimas xornadas da zona de descenso vencendo en Majadahonda e igualando fronte ao San Fernando, ademais na última visita a Galicia gañaba por 3 a 5 ao Cidade de Pontevedra, atopándose agora na zona morna da clasificación.

O Mora non é un conxunto que se lle dea especialmente ben as costeiras, xa que nos tres enfrontamentos precedentes a vitoria foi para terras toledanas. Na primeira volta o triunfo das toledanas foi por catro a un. O gol do Fisober fora obra de Taibo que adiantara as costeiras no electrónico , mentras que para o Mora marcaran Cuervo e Ana antes do tempo de lecer e Ici por partida dobre na segunda metade.

As costeiras veñen de gañar na última xornada ao Chiloeches aínda que seguen en descenso xa superaron os oito puntos logrados na súa última presencia no grupo IV da Segunda División Nacional na tempada 2014/15.

Na Primeira Galicia o filial viaxa a Betanzos para enfrontarse ao Troula F.S. dentro da 18 ª xornada de liga. Será o vindeiro sábado día 3 a partires das 16 horas no Municipal de Betanzos.

O Troula é o terceiro clasificado da categoría cheo de xogadoras con ampla experiencia en categoría superior. Na primeira volta o resultado fora de tres a seis a prol das betanceiras. Polo filial marcaran Nuriña, Serena e un gol de Aldara en propia porta, mentras que polo Troula fixérano Alba Rodríguez en dúas ocasións, Silvia, Oly, Mayra e Olalla.

O filial ven de dar unha boa imaxe no derbi fronte ao Ponteceso a pesares do un a seis final, a falla de oito minutos o resultado era de igualada.

Na Liga Galega Infantil feminina o Fisober viaxa A Coruña para enfrontarse ao Viaxes Amarelle o domingo día 4 a partires das 12:30 horas no Polideportivo da Sagrada Familia dentro da 16 ª xornada .

O Amarelle é cuarto clasificado con cinco puntos máis co infantil do Fisober. Chega nun bo momento acumulando cinco xornadas sen perder.

Na primeira volta o resultado fora de catro a cero a prol do Fisober con dous goles de Saray Duarte e outros dous de Uxía.

Fin de semana cheo de partidos

Despois do parón de seleccións e de entroido volven os equipos do Fisober a competición cunha chea de partidos.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV e dentro da 18ª xornada de liga o Fisober visita terras de Guadalaxara para enfrontarse ao C.D. Chiloeches na tarde do sábado día 17 a partires das 18 horas no P. Municipal da localidade de Chiloeches.

As alcarreñas están situadas na zona morna da clasificación e son un equipo moi potente coma local, o que fai a súa pista unha das máis difíciles da competición.

Na primeira volta o resultado fora de cero a tres a prol do Chiloeches con goles de Chispa, Eli e Jessi.

Na tempada 2014/15 xa viaxaran as costeiras a Chiloeches con resultado de oito a catro a prol das alcarreñas.

Na Primeira Galicia feminina o conxunto filial ten derbi para enfrontarse a un dos galiños da categoría como é o Amarelle de Santa Comba en partido correspondente a 16 xornada de liga. Será no Pavillón Municipal de A Fontenla en Santa Comba o sábado día 17 a partires das 20 horas.

Un equipo cun enorme potencial que é o máis goleador da categoría con máis de cen goles a favor xa e cheo de xogadoras con experiencia en superior categoría coma a ex do Fisober Nuria, Uxía, Tati ou Rita entre outras. A semana pasada non descansaron e venceron por 1 a 7 ao difícil Melide que solo perdera un partido o que da mostra do seu nivel.

Na primeira volta o resultado fora un contundente tres a quince a prol das xalleiras. Polo filial anotaran Gisela, Laura e Paula, mentras que polas xalleiras Nuria en nove ocasións, Rita en catro, Tania e Violeta.

Na Liga Galega Infantil feminina o equipo do Fisober xogará coma local o vindeiro domingo día 18 a partires das 12:30 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría. O rival será o Talleres ABC Vigo F.S. en partido da 15ª xornada .

As olívicas son segundas na competición e tan solo cederon unha derrota e un empate. E as costeiras queren amosar a súa melloría e a continuar coa boa xeira de resultados.

Na primeira volta o resultado foi de sete a un a prol do Talleres ABC Vigo, con dous goles de Laura, outros dous de Liliana, e un de Nerea, Carla e Sabela, polo Fisober o gol foi obra de Sharay Caamaño.

Na LCFSB Costa da Morte o equipo alevín xogará o vindeiro venres día 16 a partires das 18:50 horas no P. M. de Muxía fronte a Fisterra.

Na primeira volta o resultado fora de cinco a catro a prol dos fisterráns. Os goles do Fisober obra de Manu Vila, Adán, Martín e Ruth.

O luns día 19 a partires das 18:50 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría tamén poderían xogar un partido aprazado de liga fronte a EFB Corcubión aínda que falta a confirmación definitiva.

Volven a xogar todos os equipos

Despois do parón da semana pasada volven a escena tódolos equipos con partidos dende o venres ao domingo para cubrir este longo fin de semana.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV o primeiro equipo volve a competición despois do fin de semana de seleccións autonómicas. E faino para enfrontarse o vindeiro sábado día 3 nas I.D. de O Conco ao Unami CP segoviano. O partido disputarase en Dumbría a partires das 17 horas en partido correspondente a 17ª .

O Unami é un equipo situado na zona media da clasificación e que chega no seu mellor momento da tempada encadeando catro xornadas sen perder. Con vos resultados ante equipos da zona alta como o triunfo ante o Atleti B ou a igualada co San Fernando.

Na primeira volta en Segovia o resultado fora de 7 a 5 a prol das segovianas. Polo Fisober marcaran Paula Fandiño en tres ocasións, Noe e Mai.

Hai un precedente en Dumbría da tempada 14/15 que rematou con empate a un.

Na Primeira Galicia o equipo filial tamén xoga en Dumbría nas I.D. de O Conco o sábado a partires das 19 horas unha vez finalizado o partido do primeiro equipo. O rival será o Melide FSF en partido correspondente a 14ª .

O conxunto do Melide a pesares da súa xuventude é un equipo potente e que está a facer moi ben as cousas. De feito tan solo cederon un empate e unha derrota en toda a tempada ata o momento. E son o único conxunto que acadaron gañar o líder Culleredo o que da unha mostra do seu potencial.

Na primeira volta o resultado fora dun contundente sete a cero para o Melide. Pero as costeiras están no seu mellor momento da tempada e intentarán competir o partido como fixeron co líder Culleredo.

Na Liga Galega Infantil Feminina o Fisober visita o domingo día 4 a partires das 17 horas ao Meigas. O partido disputarase no Municipal de Bertamiráns , un encontro que corresponde a xornada 14ª .

Na primeira volta o resultado fora de 5 a 1 a prol das costeiras con dous goles de Sharay Caamaño e Saray Duarte e un de Lucía.

Por último na LCFSB Costa da Morte o venres día 2 abrirá o fin de semana para o Fisober o equipo de comarcal enfrontándose ao Camariñas en partido aprazado da anterior xornada. O partido disputarase no P.M. de Muxía a partires das 19:40 horas. Nun duelo que desta vez será totalmente feminino.

Partidos para o filial e para o equipo alevin

Fin de semana no que as seleccións fan que se paralicen algunhas das ligas co cal solo terán xornada o filial de Primeira Galicia e o alevín-mixto da LCFSB da Costa da Morte.

O equipo filial de Primeira Galicia xoga o vindeiro sábado día 27 a partires das 18 horas no P. de Ares para enfrontarse ao TCA Instalaciones F.S. Pontedeume. O árbitro asignado para o encontro da 13 ª xornada en Primeira Galicia será Jose Manuel Martínez de Albuquerque.

Na primeira volta en Dumbría o resultado fora de cinco a tres a prol das costeiras o que prevé un encontro igualado nesta segunda volta. Polo Fisober marcaran Serena en 2 ocasións, Lucía, Nuriña e Laura, polas de Ferrolterra fixérano María en 2 ocasións e Alexia.

Pola súa banda o equipo da LCFSB da Costa da Morte xoga este venres 26 en Muxía a partires das 18:45 horas fronte ao Manuela Rial Mouzo adiantando o partido da xornada 11 ª de liga.

O Manuela Rial é o líder da competición na que solo perdeu un partido. Na primeira volta o resultado fora de 4 a 1 a prol do Manuela Rial. O goleador do Fisober fora Pablo.

Comeza a segunda volta

Fin de semana con partidos na casa e a domicilio, con enfrontamentos moi complicados para os diferentes equipos contra os galos das diferentes competicións, con derbis e un pouco de todo para os equipos do Fisober F.S.F. neste fin de semana de xaneiro.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV comeza a segunda volta da competición e faino con derbi. O Fisober visita ao Viaxes Amarelle na 16ª xornada e primeira da segunda volta. O partido disputarase o vindeiro sábado día 20 no P.M. da Sagrada Familia de A Coruña a partires das 18 horas.

As coruñesas son segundas na clasificación loitando polos postos que dan dereito a promoción de ascenso a División de Honra.Son un dos galos da competición. Veñen despois de cinco xornadas sen perder e de golear por 4 a 0 ao San Fernando na última xornada. Ademais coma locais gañaron tódolos seus encontros.

Na primeira volta o resultado fora de 1 a 5 a prol do Viaxes Amarelle. Paula Fandiño marcara o gol das costeiras e para o Viaxes Amarelle fixérano : Patri, Tati, Martita, María Gómez e Mónica. No cadro herculino militan dúas ex xogadoras costeiras coma son Patri e Inés o que fará especial o partido.

Na Primeira Galicia tamén comeza a segunda volta da competición. O filial tamén tocalle enfrontarse a un dos galos da competición. O rival será o líder o Sport Sala Culleredo.

O partido xogarase o vindeiro domingo día 21 ás 16:00 nas I.D. de O Conco en Dumbría en partido correspondente a 12ª xornada de liga.

As de Culleredo son un conxunto repleto de xogadoras con experiencia en superior categoría. Solo perderon un partido en toda a liga e o resto foron vitorias. Precisamente o única derrota foi a semana pasada en Melide. Na primeira volta o resultado fora de 15 a 1 a prol do Culleredo, o gol costeiro fora obra de Lucía.

Na Liga Galega Infantil feminina o Fisober recibe ao Poio Pescamar. O Poio é tamén o líder da competición con pleno de vitorias.

O partido disputarase o vindeiro sábado día 20 nas I.D. de O Conco a partires das 12:45 horas dentro da 13ª xornada de liga.

Na primeira volta o resultado fora de 9 a 1 a prol do Poio, o gol costeiro fora obra de Larita. As costeiras veñen nunha boa xeira de resultados con catro vitorias nos últimos cinco partidos e intentaran ofrecerlle un bo partido a súa parroquia.

Por último na LCFSB Costa da Morte o equipo alevín mixto visita o vindeiro venres día 19 a partires das 19:45 horas ao Villa de Cee no P.M. de Cee en partido correspondente a 9 ª xornada de liga.

Na primeira volta o resultado fora de 3 a 2 a prol do Fisober con 2 goles de Manu Vila e un de Martín.

f t g