Copyright 2019 - Fisober FSF

Comezamos o 2018 cargado de futsal

Co ano novo e nesta segunda semana de xaneiro volven a competición os equipos do Fisober F.S.F., despois do longo parón de Nadal aínda que máis longo para uns que para outros, o que será a súa estrea neste 2018.

O primeiro equipo dentro da 15ª xornada da Segunda División Nacional no seu grupo IV visita terras madrileñas para enfrontarse ao ADAE Simancas. O partido disputarase o vindeiro sábado día 13 ás 17:30 nun dos Pavillóns do C.D. Municipal San Blás de Madrid, no que será o primeiro partido do ano.

As madrileñas sextas clasificadas fan historicamente da súa pista un fortín, de feito é unha das pistas máis complicadas da categoría. Nos seus últimos partidos golearon ao Majadahonda como locais por 7 a 1 e igualaron a dous na pista do San Fernando na xornada previa a noiteboa.

O partido ten dous precedentes da tempada 14/15 , con dobre triunfo madrileño, na visita a San Blás o Fisober caia por 5 a 3, e o Fisober tamén caía coma local por 2 a 4.

Na Primeira Galicia o equipo filial dentro da 11ª xornada de Liga enfróntase nas I.D. de O Conco en Dumbría ao Ulla Oil Vedra F.S.F., o partido será o vindeiro domingo día 14 no matinal horario das 10:30 horas, no que tamén será o primeiro partido do ano para o filial.

As de Vedra suman tres puntos máis co filial e veñen de gañar no seu último partido a domicilio por un a tres en Pontedeume.

Na Liga Galega Infantil Feminina dentro da 12ª xornada de Liga o equipo infantil visita ao F.S.F. Castro. O partido será o vindeiro sábado día 13 as 18 horas no P.M. de Castro Ribeiras de Lea, en terras lucenses. No que será o primeiro partido do ano para as infantiles que viñan nunha boa xeira antes do parón e que lles curtou o bo ritmo de traballo que viñan realizando.

Na primeira volta o resultado fora dun contundente 2 a 6 a prol do Castro, os goles do Fisober foran de Lucía e Sharay.

Pola súa banda o equipo mixto da LCFSB Costa da Morte enfróntase as E.F.B. Corcubión no Municipal de Corcubión. Será o vindeiro venres día 12 a partires das 19 horas. Un partido aprazado no seu momento xa que o equipo alevín xa xogou o partido desta xornada o pasado 2 de xaneiro caendo pola mínima fronte as E.M.F. de Vimianzo, por 5 a 4, con 2 goles de Javi, Manu Vila e Ruth.

Últimos do ano

Último fin de semana de competición para o Fisober F.S.F. neste 2017 con partidos para o equipo senior e o alevín mixto, antes do merecido parón de Nadal.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da décimo-cuarta xornada teremos un bonito derbi nas I.D. de O Conco en Dumbría para despedir o ano. O sábado 23 e contraprogramando o Clásico, cousas do calendario, a partires das 12:30 horas o Pirata Morrazo F.S.F. chega a Dumbría.

As do Morrazo son un dos equipos potentes na categoría que loitan polas prazas de ascenso. Chegan despois de tres vitorias consecutivas na competición e a tan solo tres puntos da praza de promoción de ascenso.

Ademais son un vello rival das costeiras xa que se enfrontaron este verán en Copa Xunta en Dumbría con resultado a prol das do Morrazo de 1 a 4. O gol das costeiras fora obra de Noe e os das do Morrazo de Lolo, Elena, Charo e Kun.

O equipo visitante conta cun potencial enorme onde destaca o fichaxe esta tempada de Charo dende División de Honra procedente do Poio, sen esquencerse da súa capitana Kiko……

O Fisober deberá traballar e loitar cada balón se quere sacar algo positivo deste difícil encontro e acabar o ano cunha ledicia para a súa parroquia.

Pola súa banda o equipo alevín da Liga Comarcal de Fútbol Sala Base da Costa da Morte ten dobre compromiso esta semana. Se o mércores 20 caia pola mínima fronte o Concello de Fisterra por 5 a 4. Este venres día 22 as 12 horas xoga fronte As Baleas de Camariñas no Pavillón Municipal de Muxía.

Dende o FISOBER F.S.F. queremos desexarlles un Bo Nadal e unhas Felices Festas.

Fin de semana de viaxes

Fin de semana de viaxes para os equipos do Fisober que xogan todos eles a domicilio, exceptuando o equipo alevín mixto que xogará o seu partido a vindeira semana.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da xornada número trece o Fisober F.S.F. visita a pista do A.D. Alcorcón “B” F.S.F. o vindeiro sábado día 16 a partires das 19 horas. O partido disputarase no P.M. Santo Domingo da localidade madrileña de Alcorcón.

Tócalle visitar as costeiras ao líder invicto da competición no que será un partido máis que compricado para as rapazas do Fisober.

Non será un choque inédito xa que o filial do Alcorcón está escrito na historia das costeiras para ben e para mal. Xa que na tempada 14/15 o Fisober fora quen de gañar en Alcorcón no que fora unha das grandes sorpresas da tempada, aínda que na segunda volta no último partido de liga a vitoria das madrileñas prodoucira o descenso de categoría das costeiras.

Parece que esta xeración das madrileñas é aínda máis perigosa xa que aínda non perdeu partido en liga.

Deberán rozar a perfección as costeiras se queren sacar algo positivo. Concentración, traballo e aproveitar as oportunidades serán as chaves para o Fisober.

Na Primeira Galicia e dentro da xornada dez o filial terá derbi costeiro visitando a Agrupación Deportiva Atletes. O partido terá lugar o vindeiro sábado día 16 a partires das 19 horas no P.M. de Esteiro.

Será o último partido do 2017 para o filial xa que a liga tómase un descanso ata Xaneiro co parón de Nadal. As de Esteiro veñen nunha liña ascendente está tempada.

Na Liga Galega Infantil as costeiras visitan ao 5 Coruña Seguridade Galega F.S.F. o vindeiro sábado día 16 en partido correspondente a undécima xornada. O partido disputarase no P.M. Novo Mesoiro a partires das 16:30 horas.

Na primeira volta o partido acabara con vitoria coruñesa por 2 a 3 nos últimos segundos. Tamén será o último partido do 2017 para as infantiles antes do parón de Nadal.

O equipo alevín mixto da Liga Comarcal da Costa da Morte esta semana non terá partido, disputaraos previsiblemente a vindeira semana.

Xornada solidaria no Conco

O Fisober F.S.F. repite iniciativa de outras tempadas polo Nadal este sábado día 9 xa que vai facer unha recollida de alimentos para causas solidarias. Aproveitando as datas que nos atopamos e que o sábado xogan coma locais tanto o primeiro equipo, como o filial e o infantil vai ser a data elixida para facer a recollida solidaria de alimentos, na cal o club agradecería a todos aqueles que se pasen polas I.D. de O Conco o vindeiro sábado para presenciar calquera dos partidos, acudan con alimentos non perecedeiros por esta boa causa.

No puramente deportivo na Segunda División Nacional no seu grupo IV e dentro da 12ª xornada de liga o Fisober recibe a visita do Colmenarejo F.S. o vindeiro sábado día 9 a partires das 16 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Difícil rival o madrileño no que chega na portería unha das históricas do Fisober a muxiana de Merexo , Eva Lema. O Colmenarejo é un dos aspirantes o ascenso e o título de Liga. Chegan despois de tres vitorias consecutivas.

O Fisober chega despois da igualada a semana pasada en Guadalaxara.Total concentración os corenta minutos, traballo defensivo e aproveitar as oportunidades serán chave para o Fisober se quere pescar algo neste complicado partido. Partido inédito xa que ambos conxuntos nunca se enfrontaron.

O equipo filial de Primeira Galicia xoga tamén o sábado día 9 as 19:45 horas como local nas I.D. de O Conco en Dumbría fronte ao Cruces F.S.F. dentro da novena xornada da categoría .

O Cruces ven de igualar na última xornada fronte ao Melide un dos equipos da parte media alta da clasificación. Mentras que o filial do Fisober está a pagar a novatada e as baixas que fan que non poidera repetir convocatoria en toda a tempada, pero o proceso formativo tamén é sobrepoñerse as dificultades e aprender cada partido.

Na Liga Galega Infantil feminina o equipo infantil recibe ao A Fervenza dentro da décima xornada da categoría co que se da inicio a segunda volta, será sábado a partires das 18 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría.

A Fervenza é un dos equipos potentes da categoría, actual campión de liga e chega nun bo momento despois de catro vitorias consecutivas. Tamén chega nun bo momento o equipo infantil do Fisober logo de dous triunfos consecutivos aínda que a semana pasada sufriron a xornada de descanso que pode romperlles o ritmo. Na primeira volta a vitoria foi para A Fervenza por catro a cero.

O único equipo que non xogará sábado nin como local será o alevín mixto de Liga Comarcal Costa da Morte. Desprázanse a Corcubión o xoves día 7 xogando no municipal de dita vila a partires das 17 horas fronte ao E.F. B. Corcubión dentro da quinta xornada.

Máis futsal para este fin de semana

Fin de semana completo para un Fisober que terá un horario pouco habitual para o seu primeiro equipo, o resto de equipos xogan na xornada de sábado en moi diferentes puntos.

Na Segunda División Nacional no seu grupo IV dentro da décima xornada, o equipo senior enfróntase na matinal do domingo día 26 a partires das 13:00 horas ao C.D. Universidad de Valladolid no Pavillón das I.D. de O Conco nun horario inhabitual para o Fisober coma local.

Antóllase un partido igualado entre dous equipos que o darán todo na busca dos puntos. As pucelanas están colocadas no décimo posto da clasificación e veñen de caer 1 a 3 fronte o San Fernando. Pola súa banda as costeiras veñen de caer no derbi fronte o Cidade de Pontevedra.

Deberá amosar o Fisober a súa mellor imaxe e total concentración como na visita a San Fernando si quere sacar algo de proveito deste partido tan complicado.

Na Primeira Galicia feminina o equipo filial enfróntase ao Troula F.S. de Betanzos. Tamén o fará coma local pero será o sábado día 25 a partires das 20:30 horas nas I.D. de O Conco en partido correspondente a sétima xornada da categoría.

As de Betanzos son un dos equipos potentes da categoría con xogadoras con ampla experiencia en ligas de maior categoría e que contan todos os seus partidos por triunfos cómodos excepto o enfrontamento co líder Culleredo. Veñen de golear o Melide na anterior xornada. O filial segue a pagar a novatada e caeu no derbi ante o Ponteceso a pasada semana.

Na Liga Galega Infantil feminina o Fisober infantil , viaxa a Lugo para enfrontarse ao Prone Lugo Adarve. Será o sábado día 25 a partires das 16:00 horas no P. Centro Deportivo Terra no polígono do Ceao lucense.

Son dous equipos moi parellos aínda que neste momento está mellor clasificado o cadro costeiro. O Fisober ven de gañar con solvencia nun gran partido e dando a sorpresa, por 4 a 0 ao Viaxes Amarelle mentres que as lucenses chegan despois de caer no último minuto por un axustado 3 a 2 fronte o potente A Fervenza.

O equipo alevín mixto da Liga da Costa base visita o Camariñas F.C. e tamén será o sábado día 25 a partires das 16:00 horas no Pavillón da Ponte do Porto. O alevín mixto do Fisober ven de gañar por 3 a 2 ao Villa de Cee na anterior xornada.

f t g