Copyright 2019 - Fisober FSF

Importantes citas esta fin de semana para o Fisober

Fin de semana con poucos partidos pero con importantes citas xa que os equipos que xogan o primeiro e o infantil teñen citas importantes para iniciar abril.

O sábado día 6 de abril a partir das 16:00 horas o Fisober recibe ao Galipizza Sport Sala Culleredo en partido das 25 ª xornada na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica. O árbitro asignado é Ignacio Rivas.

Tódolos partidos comezan a ser chave para o primeiro equipo do Fisober e o desta fin de semana será o primeiro desta difícil xeira co que finaliza a tempada. O Fisober está a sufrir unha praga de lesións e as baixas xa coñecidas de Barca, Nuriña e Noe a semana pasada uniuse a capitana Ana que non puido xogar a segunda metade no último partido e que será dúbida para esta fin de semana.

Na primeira volta o partido decantouse a prol das costeiras cun solitario gol da capitana Ana , nun partido moi igualado.

Coma o equipo filial lle toca descansar o outro equipo que terá partido será o infantil feminino con partido de Copa Galega feminina.

Na segunda xornada de Copa neste grupo A o infantil do Fisober visita Narón para enfrontarse ao Error Ferrol A Fervenza. O partido dispútase no P. Campo da Serra a partires das 17:45 horas deste sábado día 6 de abril.

No partido de liga disputado en Narón o resultado foi de un a dous a prol das costeiras.

Fin de semana importante para os equipos do Fisober

Fin de semana importante para os equipos do Fisober cheo de viaxes e partidos a domicilio.

Na Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica o primeiro equipo viaxa a Ourense dentro da 24 ª xornada de liga. Enfrontarase ao Couto Ourense F.S. a partires das 16:30 horas do sábado día no P.M. de Os Remedios.

Pasa por ser un partido moi importante para o devir do primeiro equipo, que na primeira volta gañara por un a cero con gol de Paula Fandiño nun encontro moi igualado. Está designado Luis Mendez coma colexiado.

Na Copa da Primeira Galicia – Liga Provincial o filial visita a pista do TCA Intalaciones Pontedeume para enfrontarse no P.M. de A Casqueira ao conxunto local a partires das 16:30 horas do sábado día 30.

Nos dous enfrontamentos de liga produciuse idéntico resultado de igualada a catro co cal todo indica que o partido podería ser igualado. Será a terceira xornada neste grupo B de Copa. Está designada Alejandra Bujía como colexiada.

Pola súa banda o alevín mixto da LCFSB Costa da Morte terá dous partidos este fin de semana para pechar a competición.

O venres día 29 visita as EFB de Corcubión no Municipal de Corcubión a partires das 20:30 horas. O conxunto local é un dos perseguidores do Fisober a tan solo tres puntos deles. Na primeira volta o resultado fora de oito a catro para o Fisober con catro goles de Pablo e dous de Iago e Marta.

Tamén terán partido o luns día un de abril a partires das 19:00 horas nas I.D. de O Conco en Dumbría enfrontándose ao Colexio Manuela Rial para pechar a competición. Na primeira volta o resultado fora de dous a catro a prol do Fisober con dous goles de Marta, un de Pablo e Javi.

Comeza a Copa Primeira Galicia

Non para a competición para os equipos do Fisober xa que o filial unha vez rematada a liga inicia a Copa e o senior segue en competición.

Na Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica o Fisober visita a pista do Tui-Valença Futsal. Será o vindeiro sábado día 16 a partires das 20:30 horas no P. Novo de Tui e con Andrés Pinilla Boullosa coma colexiado designado.

Na primeira volta o resultado fora de cinco a cero para as costeiras con goles de : Kenny, Nuriña, Laura, Noe e Ana, nun partido máis igualado do que demostra o tanteador.

Pola súa banda o filial unha vez finalizada a liga xoga xa este fin de semana o seu primeiro partido de Copa de Primeira Galicia – Copa Provincial. O filial costeiro quedou encadrado no grupo B co Troula, 5 Coruña, Cruces e Pontedeume.

Xogarán este sábado o seu primeiro partido en Betanzos fronte ao Troula as 19 horas no P. Municipal.

Nos dous enfrontamentos de liga venceu o Troula, por sete a tres en Betanzos e por cero a catro en Dumbría.

Futsal postentroido para o Fisober

Despois do parón de Entroido volven a competición os equipos femininos do Fisober F.S.F. e todos eles teñen partido este sábado.

O primeiro equipo disputa o seu partido de Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica o vindeiro sábado día 9 a partires das 16:00 horas para enfrontarse ao F.C. Meigas nas I.D. de O Conco en Dumbría. O árbitro designado para este partido da 21 ª xornada é Iván Vidal.

As costeiras chegan nun momento delicado de resultados e polas lesións das últimas semanas. Na primeira volta no partido disputado en Bertamiráns o resultado fora de 2 a 5 a prol das costeiras. Polo Meigas marcaran: Yaiza e Teresa e polo Fisober marcaran : Paula Fandiño en dúas ocasións, Noe, Adriana e Nuriña.

Para o filial do Fisober remata este sábado a liga na Primeira Galicia- Liga Provincial visitando ao TCA Intalaciones Pontedeume. En partido da última e 18ª xornada de liga a disputar o sábado día 9 a partires das 19:45 horas no Municipal A Casqueira de Pontedeume, con Ramón Bujía coma árbitro designado.

Na primeira volta o resultado fora de catro a catro , con goles de Serena, Kenny, Andrea e Paula Fandiño para o filial e Laura en tres ocasións e María Vázquez para o Pontedeume.

Tamén remata a liga Galega Infantil Feminina. Será cun partido entre o Fisober e o Castro que se xogaran o pracer de quedar en segunda praza da competición. Será este sábado as 12:30 nas I.D. de O Conco en Dumbría e con F.J. Seijo como árbitro designado.

No partido da primeira volta o resultado fora seis a dous para o Castro. Polas locais marcaron : Antía en tres ocasións, Noa dous e Luisa un. Polo Fisober fora Saray en dúas ocasións.

f t g