Copyright 2019 - Fisober FSF

Noticias breves Fisober

Importantes días para o Fisober F.S.F. os do pasado xoves e venres, nos que se celebraron as xornadas de portas abertas e firmouse un convenio de colaboración co F.S.F. Villa de Cee.

Durante a tarde do xoves e venres celebráronse nas I.D. de O Conco en Dumbría unhas xornadas de portas abertas para a captación de nenas e nenos para os diferentes equipos do Fisober xa que o club ten a intención de crear equipos federados en categoría tanto infantil, coma cadete masculino e así unirse aos xa existentes en diferentes categorías femininas.

A afluencia foi importante a estas xornadas o que implica unha grande satisfacción para o club e da un pulo a idea de poder ambos conxuntos, algo no que se irá traballando antes do inicio da tempada. Ademais o fútbol sala é totalmente compatible coa práctica de calqueira outro deporte ou actividade e ademais é beneficioso.

Tamén o xoves se firmou un convenio de colaboración co F.S.F. Villa de Cee, importante para o crecemento do fútbol sala costeiro e para darlle unha saída neste deporte a eses nenos de categorías inferiores.

Tamén se coñeceu este fin de semana que Noelia García Costa , Noe , unha das nosas capitanas non continuará xogando no club a vindeira tempada na busca de novos retos, pero non continuará xogando xa que Noe sempre será parte do club e confiamos en que algún día volva a vestir a nosa camiseta.

Despois de quince anos no Fisober , toda a nosa existencia, xa que chegou no 2004 con dez cando o Fisober foi creado, foi escalando pasiño a pasiño co club , pasou por tódolos equipos do club e foi axudando a crecer ao Fisober por iso sabemos que solo será un ata pronto e lle desexamos toda a sorte do mundo nos seus vindeiros proxectos.

Xornadas de portas abertas

O Fisober F.S.F. desenvolverá unhas xornadas de portas abertas de fútbol sala feminino e masculino co obxectivo de captar nenas e nenos interesados en pasar a formar parte dos diferentes equipos que ten o club costeiro.

A captación estará centrada en feminino para nenas alevíns e infantís é dicir nadas entre os anos 2006 e 2009, aínda que si algunha outra de maior ou menor idade quere probar tamén están as portas abertas.

No masculino o que se buscan son nenos infantís e cadetes é dicir nados entre o 2004 e 2007, xa que a intención do club e crear tanto un equipo infantil coma un cadete que compita a nivel federado, para darlle un pulo aos diferentes rapaces que se viñeron incorporando ao club nos últimos dous anos para competir na LCFSB.

Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todo aquel que desexe acudir. Deste xeito todas aquelas nenas e nenos que queiran probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderán acudir as I.D. de O Conco en Dumbría os vindeiros días xoves 27 de xuño e venres 28 de xuño de 17:00 a 18:30 horas.

O obxectivo destas xornadas de portas abertas , para as que non é necesario a inscrición previa, é o de captar nenas e nenos interesados en pasar a formar parte dos diferentes equipos que ten o Fisober.

Os nosos máis pequenos desfrutaron coa Selección da Costa

Ata catorce nenas e nenos e tres técnicos do Fisober F.S.F. disfrutaron e viviron unha gran experiencia este fin de semana de Entroido do campionato galegos de seleccións comarcais en terras lucenses.

Na categoría infantil feminina aparecía o adestrar Fran Toba ademais de oito xogadoras do club como foron : Sharay Caamaño, Alejandra Santalla, Lucía Martínez, Uxía Lema, Saray Duarte, Lucía Rodríguez, Nerea Suárez e Lucía Canosa.

A selección da Costa estaba incluída no grupo A xogando os seus partidos en A Pontenova este sábado día dous. No primeiro partido caía por 2 a 1 fronte a selección de Ourense, que finalmente foi a campiona . No segundo caía por 3 a 2 fronte a selección de Lugo. No terceiro e definitivo caían por 3 a 1 fronte a Ferrol cun gol de Saray Duarte.

Tamén en A Pontenova se xogaba a categoría infantil masculina pero este luns día catro. Tamén estaban incluidos no grupo A e os xogadores do Fisober convocados foron : Carlos Costa, Manuel Martínez, Martín Barrientos e Manuel Vila.

Na primeira xornada caían por 4 a 1 fronte a selección de Ourense. Na segunda xornada repetían resultado fronte a Lugo con gol costeiro de Carlos Costa, un Lugo que finalmente foi campión. Na terceira e definitiva caían fronte a Ferrol por 7 a 1.

A categoría alevín mixto disputaba os seus partidos o sábado día dous en Trabada. O combinado costeiro tamén estaba incluído no grupo A.

Pola banda do Fisober aparecían Ana Mouzo e Dani Costa coma técnicos e os xogadores Pablo Costa e Iago Larrañaga.

Na primeira xornada a selección da Costa gañaba por 2 a 1 a de Ourense. Na segunda igualaba a dous ca de Lugo e un dos goles costeiros foi obra de Pablo Costa. E na terceira e definitiva xogándose o pase a final caía por 3 a 0 con Ferrol que a postre foi o campión.

Gran experiencia para os compoñentes costeiros e do Fisober , que estiveron encadrados nos grupos dos que saiu en todo caso o campión.

[Inocentada] O Fisober crea un clube de atletismo

O Fisober ampliará as súas seccións de cara a tempada 2019 coa creación dunha sección de Atletismo.

A volta ao clube de Barca Toba, recoñecida atleta, fixo que esta idea se levara a cabo e polo tanto o clube participará en diferentes carreiras e competicións durante o ano 2019.

Pero non só Barca Toba será a cabeza visible da nova sección do clube xa que outr@s compoñentes do clube, como Kenny, Laura Pose, Uxía Lema, Saray Duarte, María Maroñas, Pablo Costa, Carlos Costa... e incluso o presidente Fran Toba son habituais en diferentes carreiras durante todo o ano e polo tanto non está o cupo pechado e calquera pode incluirse na sección.

Os adestramentos serán levados a cabo por Barca Toba, pero aínda sen datas nen horarios fixos xa que é unha idea incipiente que se está comezando a desenrolar.

Da mesma forma estase a negociar dende a directiva do Fisober con Damián Espasandín e Paula Esteiro a creación dunha sección tamén de OCR. Xa que ambos deportistas comparten instalaccións e coinciden habitualmente poderían levar o nome do clube por España e polo mundo. Aínda que tamén poderían firmar un contrato de colaboración na busca de sponsors e inversores tanto para o Fisober como para as competicións de OCR.

Xornada de portas abertas Fisober

Dende o Fisober F.S.F. coma sempre estamos abertos a incorporar a novas rapazas que queiran desfrutar do noso deporte e do noso club.

Por esta razón programamos para os vindeiros días : xoves 9 de Agosto e martes 14 de Agosto en horario de 19:30 a 21:00 horas unhas xornadas de portas abertas para que calquera nena a partires de 8 anos que queira probar acuda as Instalacións Deportivas de O Conco en Dumbría e no seu Pavillón probe co noso deporte. Nun horario que permite desfrutar da praia e posteriormente pasarse por Dumbría a pasalo ben .

Unha actividade aberta para tódalas rapazas da Costa da Morte e arredores que teñan interese polo fútbol sala , actual campión provincial infantil o que da mostra de que a base e as categorías inferiores sempre son importantes para nos.

Para calquer tipo de información sobre as xornadas non dubiden en contactar con estes dous teléfonos do club : 678.321.584 ou no teléfono : 627.366.349.

Si queres formar parte dos nosos equipos non dubides en pasar por Dumbría.

f t g