Copyright 2019 - Fisober FSF

Dificil momento para Myre - #AnimoMyre11

No día de hoxe confirmáronse os peores presaxios e finalmente a lesión de Myrella Ventura Amado ("Myrella") é máis grave do esperado.

Rotura do ligamento cruzado e microrotura do menisco. Caeu lesionada alá polo 28 de Marzo no derbi fronte o Leis Pontevedra e hoxe por fin coñeceu os resultados da resonancia practicada a semana pasada. En principio será operada o 24 de setembro. O tempo de recuperación estimado é de 6 a 8 meses, o que fará moi difícil a súa participación na vindeira tempada.

A pontecesá de 21 anos que leva no clube dende a súa fundación alá polo 2004, pasando por tódalas categorías ata chegar o primeiro equipo, o que a fai unha das capitanas. Case sempre co seu querido 11 as costas aínda que cabe decir que na exitosa tempada 2011/12 (a do título Autonómico, ascenso a categoría de Prata e os subcampionatos de España e Autonómico) tocoulle lucir o número 14. 

Dende aquí darlle tódolos ánimos a Myrella e esperar unha pronta recuperación. A bo seguro xa está esperando o momento de voltar a calzarse as botas e o seu querido número 11.

#AnimoMyre11

comments
f t g