Copyright 2019 - Fisober FSF

Laura e Tamara promocionan ao primeiro equipo

E continuamos con renovacións, ainda que máis que renovación desta quenda tocalle turno ás promocións desde o equipo filial. Suben ao primeiro equipo Laura Pose e Tamara Vázquez.

Laura Pose.

A camellana chegaba o clube en idade cadete para enrolarse no filial na tempada 2011-12 xunto ca súa irmán Nuriña que chegaba para engrosar as categorías inferiores. Chegando a debutar co primeiro equipo en Liga Autonómica xunto con Inés alá por Febreiro de 2012 na vitoria por 6 a 1 fronte o Bembrive.

A seguinte tempada xa se convertía na capitana do filial.

Na última campaña as necesidades do primeiro equipo fixeron que fora habitual a súa participación en Nacional.

Esta tempada da o salto definitivo o primeiro equipo.

Prefires praia ou montaña?
Depende do momento
Cal é a túa praia favorita?
Camelle sempre! (ri)
Que non debe faltar nunca na praia?
Boa compañía ao meu arredor
Cal é a túa tapa favorita?
Ensaladilla
Cal é a túa festa favorita?
O Asalto ao Castelo polo ambiente durante toda a semana
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Orquesta
Viaxe con actividades multiaventura ou de relax?
Un de cada por ano estaría ben! (ri)
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas instalada no mobil?
Whatsapp, pola súa utilidade
Última aplicacion descargada?
Geometry Dash
Que serie non nos debemos perder?
Son máis de pelis, pero Entre Fantasmas gustoume moito
Como ves chegar ao primeiro equipo?
Pois con moita ilusión e sobre todo ganas, xa que a tempada pasada xa tiven a oportunidade de xogar bastantes minutos. Intentarei aportar o meu gran de area e seguir mellorando xunto con todo o equipo.

Tamara Vázquez.

A xogadora natural do Concello de Vimianzo, despois de probar en anos anteriores no clube voltaba de forma definitiva na tempada 2011-12 para engrosar as filas do filial.

Pouco a pouco e pasiño a pasiño foi acercándose a posibilidade de debutar en Nacional. Algo que se produciu o 13-12-14 ca visita do todopoderoso Soto del Real madrileño.

E sobre todo na segunda volta da anterior campaña combinou convocatorias co primeiro equipo e co filial según as necesidades.

O igual ca súa inseparable Laura pasa a formar parte do primeiro equipo de pleno dereito.

Prefires praia ou montaña?
Praia
Cal é a túa praia favorita?
Muiños
Que non debe faltar nunca na praia?
Amigos
Cal é a túa tapa favorita?
Tortilla
Cal é a túa festa favorita?
Vilaseco e San Roque de Moraime
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Orquestas, sobre todo no verán
Viaxe con actividades multiaventura ou de relax?
Multiaventura
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas instalada no mobil?
Whatsapp
Última aplicacion descargada?
Whatsapp, xa que o meu mobil non me deixa descargar outra (ri)
Que serie non nos debemos perder?
Como conocí a vuestra madre
Como ves chegar ao primeiro equipo?
A verdade é que nunca me esperei chegar a xogar no A, pero é unha moi boa experiencia. Doulle as gracias a todos por darme a oportunidade de desfrutar e poder compartir experiencias que para min son inolvidables.

comments
f t g