Copyright 2019 - Fisober FSF

Paula Fandiño e Nuriña, xuventude no primeiro equipo

Tamén hai sitio para as máis novas. A ceense Paula Fandiño como cadete e a camellana Nuria Pose como infantil pasan a formar parte do primeiro equipo do Fisober.

Paula Fandiño.

A ceense con raices fisterrás chegou ó clube na tempada 2011/2012 para incorporarse ás categorías inferiores. Esa primera tempada compatibilizou o fútbol sala co futbol no Dumbria CF.

A pesares da súa xuventude, será a segunda xogadora máis nova do equipo, pasou xa por todas as categorías do clube. Xogando por exemplo a Liga Galega Infantil na 2013/2014, sendo a máxima goleadora do filial as dúas últimas tempadas e incluso chegando a desputar minutos na Copa Xunta os dous últimos veráns.

Agora esta cadete na súa quinta tempada no clube pasa a ser xogadora do primeiro equipo.

Prefires praia ou montaña?
Praia
Cal é a túa praia favorita?
A de Langosteira
Que non debe faltar nunca na praia?
Un balón
Cal é a túa tapa favorita?
Churrasco
Cal é a túa festa favorita?
A Xunqueira
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Orquestas
Viaxe con actividades multiaventura ou de relax?
Multiaventura
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas instalada no mobil?
Whatsapp
Última aplicacion descargada?
PicsArt
Que serie non nos debemos perder?
Castle
Como ves chegar ao primeiro equipo?
A verdade é que é un premio e teño moitas ganas de empezar.

Nuria Pose.

A Camellana chegou ó clube na tempada 2011/2012 para incorporarse ás categorías inferiores da man da sía irmá Laura.

Na tempada 2013/2014 sendo ainda alevín xogou a Liga Galega Infantil no clube. Nesa mesma tempada acadou co equipo alevín o terceiro posto no Campionato Provincial.

A tempada pasada o seu paso a idade infantil permitiulle dar o salto ó equipo filial.

Ao igual que Paula Fandiño, a pesares da súa xuventude, será a máis nova do equipo. Pasou por todas as categorías do clube, incluso chegando a debutar a Copa Deputación o final da pasada campaña fronte ó Portosín.

Agora esta infantil na súa quinta tempada no clube pasa a ser xogadora do primeiro equipo.

Prefires praia ou montaña?
Praia
Cal é a túa praia favorita?
A de Camelle
Que non debe faltar nunca na praia?
Un balón
Cal é a túa tapa favorita?
Croquetas
Cal é a túa festa favorita?
O Asalto ao Castelo
Eres máis de orquestas ou de festivais?
Festival
Viaxe con actividades multiaventura ou de relax?
Multiaventura
Aplicación favorita ou imprescindible que teñas instalada no mobil?
Whatsapp
Última aplicacion descargada?
Un antivirus
Que serie non nos debemos perder?
The Walking Dead
Como ves chegar ao primeiro equipo?
É unha gran experiencia. Teño moita ilusión e sobre todo moitas ganas.

comments
f t g