Copyright 2019 - Fisober FSF

Nuriña convocada coa Selección Galega Infantil

Nuria PoseA xogadora en idade infantil do Fisober F.S.F. e natural de Camelle, Nuria Pose Suárez foi convocada para adestrar ca selección galega infantil feminina o vindeiro mércores 20 de Xaneiro no Pavillón Municipal de Miño polo seleccionador Carlos Gonçalves.

A camellana chegaría ó clube na tempada 2011/2012 da man da súa irmá maior Laura para incorporarse ás categorías inferiores. Logo, na tempada 2013/2014, sendo ainda alevín, xogou a Liga Galega Infantil. Xa na tempada seguinte daría o salto ó filial do clube para xogar en Liga Provincial e este ano está a xogar co primeiro equipo en Liga Autonómica.

Noraboa Nuria.

comments
f t g