Copyright 2019 - Fisober FSF

Nuriña convocada coa Selección Galega

A xogadora do Fisober F.S.F., Nuria Pose Suárez, "Nuriña" foi convocada pola selección galega infantil feminina para a disputa do Campionato de España da categoría.

A xogadora de idade infantil e natural de Camelle despois de ser habitual nos adestramentos da selección entra na lista definitiva do corpo técnico que lidera Carlos Gonçalves "Litos".

A competición celebrarase na localidade murciana de Roldán entre os días 25 e 27 de Maio. Galicia quedou encadrada no grupo B xunto con Castela A Mancha, Madrid e Melilla.

O combinado galego fará o seu debut na mañá do día 25 fronte a Madrid. O seguinte partido será na tarde do día 25 fronte a Castela A Mancha. Rematando a primeira fase na mañá do día 26 enfrontándose a Melilla.

As semifinais celebraranse na tarde do día 26 e a final o día 27.

Leti recorda (daquela maneira...) a súa andaina coa Selección Galega

Á primeira concentracion que fun foi en Sada, solo coñecía a Myre compañeira miña de equipo agora mesmo e que antes compartiamos vestiario coa selección coruñesa. Recordo que ibamos moi nerviosas xa que era unha experiencia nova para nos, que a toda xogadora lle gustaría vivir e nos tiñamos a suerte de poder desfrutala... A Sada fomos pasar un fin de semana onde entrenabamos e conviviamos todas xuntas. Pareceme unha moi boa idea xa que as icoñeces a todas as xogadoras antes do campionato... O meu primeiro campionato foi en Pamplona coa selección galega cadete. Son bastante desastre e non vos podo contar de que quedamos... pero si das boas compañeiras que fixen! (ri). O seguinte ano fomos a Ciudad Real, tampouco teño idea de que quedamos, pero recordo como o ano que mellor o pasei, e do cal mais compañeiras fixen, e algunha co tempo pasando a ser amiga. O campionato de España, se che digo a verdad nin me acordo a onde fomos! En realidade se me teño que quedar con algo de esos tres anos é coas compañeiras que a día de hoxe ainda teño.

Barca tamen lle quere dar un pequeno consello a Nuria

Eu fun coa absoluta a Cadiz. Recordo que fora a primeira vez que fora convocada. Daquelas eu xogaba no Amarelle e recibin a chamada primeiro para entrenar e logo tras unha serie de adestramentos finalmente fun convocada para ir a Cadiz. O que me fixo moita ilusion foi a primeira chamada para adestrar... ilusion, nervios e recompensa ao traballo de moitos anos foron a primeira cousa que se me pasou pola cabeza. Disfrutei e sobretodo apredin moito nos adestramentos. Intentaba facer o que sabia en todo momento e tamen fixarme nas mais veteranas. En canto ao Campionato recordo que fora en Cadiz e foramos en bus cos rapaces tamen. Xa en Cadiz intentei disfrutar do momento e asi foi. Unha experiencia inolvidable xa que gracias a ese campionato fixen grandes amistades con xogadoras de talla importante neste deporte. En canto ao deportivo, siempre esperei a que me tocara a min defender os colores, e aproveitei cada minuto que me daban. O primeiro partido podo asegurar que si que estaba nerviosa pero cos animos das compañeiras e do mister asi como co paso dos minutos todo foi a mellor. E como non podia ser doutra forma despedimos esa primeira convocatoria ganando o campeonato de seleccions autonomicas. Sin duda foi a primeira a lo grande. Despois virian mais pero neste caso de futbol 11. O único que lle podo decir a Nuria é que desfrute do momento, que faga o que ela sabe e sobre todo que esta experiencia lle sirva para aprender para futuras ocasións.

E xa para rematar, aquí vos deixamos a unha auténtica campiona de España: Entrevista a Eva Lema.- Toda unha campiona.

 

comments
f t g