Copyright 2019 - Fisober FSF

Paula e Nuria preseleccionadas coa Selección Cadete de Santiago

As xogadoras Paula Fandiño Trillo (Cee, 2001), Nuria Pose Suárez (Camelle, 2002) están pre-seleccionadas coa Selección Cadete de Santiago.

Un total de 26 xogadoras están preseleccionadas, das cales 14 serán as elexidas polos adestradores Diego Montero (Seleccionador), Fran Toba (2º adestrador) e Iago Balsa (adestrador porteiras) para formar parte da selección que disputara o campeonato galego, o vindeiro 13 de abril en Marín (Pontevedra).

Tanto Paula como Nuria xa formaron da selección santiaguesa o pasado ano, quedando subcampionas galegas en Guitiriz.

Os adestramentos teñen lugar no Polideportivo de Calo (Santiago) os domingos.

comments
f t g