Copyright 2018 - Fisober FSF

Infantil campión da Copa Provincial e Pablo Costa convocado coa Selección da Costa

PROVINCIAL INFANTIL

O equipo infantil do Fisober F.S.F. proclamouse campión provincial na súa categoría despois da Fase Final disputada en Irixoa o sábado día 19 de Maio.

Despois de proclamarse campionas de forma brilante no Intercomarcal e gañar a súa praza con elo para esta Fase Final o equipo costeiro disputaba a primeira das semifinais fronte o conxunto local o EDM Concello de Irimon o que gañaba con solvencia clasificándose para a gran final.

Na outra semifinal enfrontábanse o Comarcal A Fervenza e o Viaxes Amarelle, caendo a vitoria para as viaxeiras nun partido igualado por un axustado dous a un.

Na final de consolación A Fervenza vencía ao EDM Concello de Irimon , levándose o terceiro posto.

Na gran final enfrontábanse o Fisober e o Amarelle. O partido foi espectacular e cheo de emoción. Pero o Fisober que sempre estivo por diante no marcador e controlando o partido levouse o título.

Sharay Caamaño, Saray Duarte e de novo Sharay Caamaño poñían o tres a cero para o Fisober. O cal respostaba o Viaxes Amarelle con dous goles para poñer o tres a dous no electrónico.

Saray Duarte facía o cuarto do Fisober o cal respostaba de novo o cadro viaxeiro facendo o catro a tres.

Kenny facía o quinto gol do Fisober que sería a postre definitivo. Nun partido moi serio do conxunto adestrado por Ana Mouzo e Dani Costa que lles serviu para pechar a tempada co título Provincial Infantil despois dunha moi boa tempada do equipo tanto en Liga coma en Copa Galega.

O conxunto estivo formado toda a tempada por : Naira ( porteira ) , Kenny, Lucía, Sharay, Andrea, Ruth, Saray, Larita, Uxía, e tamén por Laura e Alexia que faltaron a esta cita por lesión. Baixo as ordes de Ana Mouzo e Dani Costa.

SELECCION DA COSTA BENXAMÍN

Tamén foi convocado ca selección da Costa o noso benxamín Pablo Costa para o Comarcal Galego disputado en Mondoñedo e Lourenzá o domingo día 20. Cadro no que formaban parte do cadro técnico tanto Ana Mouzo coma Dani Costa.

Comezaron con derrota ante a Selección de Ourense por dous a seis. No seguinte partido igualada a catro fronte a Selección de Vigo. Para rematar o torneo con triunfo ante a Selección de Pontevedra por dous a tres. Gran torneo dos costeiros que foron de menos a máis

comments
f t g