Copyright 2019 - Fisober FSF

O Fisober cae ante o Fisgón, aspirante ao ascendo a Primeira

RESULTADO : FISOBER F.S.F. – OPIRATA O FISGON FUTSAL : 1-4.

FISOBER : Lía, Taibo, Ana, Carla, Bárbara; tamén xogaron : Nuriña, Laura, Noe, Ainho, Paula Fandiño, Andrea M.

FISGON: Marina, Kiko, Charo, Kun, Karen ; tamén xogaron : Cris, Lolo, Elena, Alba.

ÁRBITROS : José Ángel Vilas, Valentín Presedo. CRONO : Inmaculada Silva.

GOLES : 0-1 min. 6 Lolo, 1-1 min 12 Noe, ( descanso ), 1-2 min 29 Elena, 1-3 min. 29 Charo, 1-4 min. 38 Kun.

Partido correspondente ao grupo 2 da Copa Galicia disputado na tarde do domingo nas Instalacións Deportivas de O Conco e que se iniciou con máis dunha hora de retraso debido a tardanza arbitral.

Con este partido púxose fin a participación do Fisober nesta Copa Galicia despois de xogar fronte o Fisgon Futsal co que compartirá grupo e que aspira a ser un dos equipos que loite polo ascenso.

A pesar do resultado moi bo partido e moi boa imaxe das costeiras no estreo ante os seus siareiros.

O partido arrancou con moito ritmo por parte dos dous equipos, non parecía un partido de pretempada. Dominio visitante pero tamén con empuxe local.

O primeiro tanto do partido chegaba aos 6 minutos despois dun saque de banda con gol de Lolo.

Non se viñeron abaixo as locais e mediada esta primeira metade chegaron os seus mellores minutos. Unha ocasión de Noe e unha dobre de Paula Fandiño e Noe foron o preludio do gol de Noe aos doce minutos. A mesma Noe puido poñer en vantaxe as súas pouco despois.

Nos últimos minutos voltou o dominio visitante e entre Lía e os paus desfixeron ocasións de Charo e Cris. Chegándose ao tempo de lecer con igualada a un.

A volta dos vestiarios arrancaban con forza as visitantes pero atopábanse con Andrea M. xa na portería e de novo o pau.

Pasaban os minutos e decaía un pouco a forza local. Nunha contra a 11 para o fin Elena desfacía a igualada. Nese mesmo minuto Charo roubaba nun saque de esquina, montaba a contra e ela sola demostraba a templanza e veteranía con moitos minutos na máxima categoría para batir no man a man a Andrea M.

O partido baixou o ritmo e as locais perderon forza pero aínda tiveron algunha para reducir diferenzas. Quen si marcou foi a visitante Kun a dous para o fin pechando o marcador.

Nos vindeiros días poderían xogar algún último amigable o Fisober esperando ao estreo ligueiro o vindeiro 16 de setembro.

comments
f t g