Copyright 2018 - Fisober FSF

O Infantil campión do Intercomarcal

Como contábamos na previa as categorías inferiores tiñan un fin de semana cheo de partidos no que o equipo infantil se levaba a palma. A pesares de que houbo pleno de triunfos un gol privou de que a ledicia fora total. Todos eles disputados nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Comezaba o fin de semana ca disputa do Intercomarcal Infantil no que o Fisober se levou o primeiro posto despois de vencer por 6 a 0 ao Camariñas e por 8 a 0 ao Villa de Cee. Finalmente a clasificación do Intercomarcal quedou co Fisober coma campión, o Villa de Cee subcampión e o Camariñas coma terceiro clasificado. Co cal as infantiles do Fisober gañaron o título e tamén a súa praza para disputar o campionato provincial en vindeiras datas.

O equipo estaba formado, foto adxunta de esquerda a dereita : arriba : Naira, Kenny, Lucía, Sharay, Andrea, Alexia ( lesionada ). Abaixo esquerda a dereita : Laura, Ruth, Saray, Larita, Uxía ( lesionada ).

O domingo de mañá o equipo infantil tiña outro compromiso difícil que era fronte ao Talleres ABC Vigo na Copa Galega Infantil. Gañaban o seu partido ao actual subcampión galego da categoría por un a cero con gol de Lucía pero un triple empate , co Poio e o Meigas , deixabas fora da Final Four da Copa Infantil Galega por tan solo un gol. Aínda así boa participación na Copa das pupilas de Ana Mouzo e Dani Costa na que se quedaron a un gol do pase.

O domingo tamén había compromiso para o equipo filial, que se enfrontaba ao Troula de Betanzos en partido de Copa da Primeira Galicia. Con vitoria por catro a cero para as costeiras. Con goles de Nuriña en dúas ocasións, Ainho e Carre.

comments
f t g